InicioSucesosA colisión frontal na N-VI entre un coche e un camión deixa...

A colisión frontal na N-VI entre un coche e un camión deixa unha ferida

O accidente ocorreu ao fío das 08.15 horas na N-VI, no punto quilométrico 490, no lugar de Cabreiros, pertencente ao concello do Corgo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida este luns na N-VI tras colisionar frontalmente o vehículo que conducía contra un camión. Outras dúas persoas, entre eles un menor que acompañaba á muller no turismo, saíron ilesas do percance.

O accidente aconteceu arredor das 8.15 horas da mañá deste martes, no punto quilométrico 490, á altura do lugar de Cabreiros, correspondente ao concello do Corgo. Como informou a Axencia Galega de Emerxencias, un coche bateu directamente contra o camión nunha recta, quedando a muller atrapada no interior.

Foi un particular quen avisou ao Centro Integral de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, indicando que a condutora podía estar ferida de consideración. Foron desprazados os servizos sanitarios, os Bombeiros de Sarria e a Garda Civil de Tráfico. Requeriuse asemade a presenza do persoal de servizo de mantemento de estradas.

Despois de trasladar á muller ferida, os servizos de emerxencia permaneceron no lugar dos feitos para atender os outros dous implicados, o condutor do camión e un menor que acompañaba á persoa hospitalizada.

+ posts

ÚLTIMAS

Javier Arias asume Urbanismo en Lugo para desbloquear licenzas e reforzar unha área “estratéxica”

O Goberno local de Lugo deu conta este venres do nomeamento de Javier Arias...

Identifican o agresor sexual dunha nena na cidade de Lugo en 2019

A Policía Nacional de Lugo informou do esclarecemento dun caso de agresión sexual cometida...

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a...

A Policía Nacional investiga seis roubos en vehículos estacionados nunha rúa de Lugo

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer seis roubos rexistrados en...