Home Lugo e contorna Lugo Lugo reprograma todas as actividades do Samaín polo loito oficial tras o accidente de tren en Toledo

Lugo reprograma todas as actividades do Samaín polo loito oficial tras o accidente de tren en Toledo

0
Lugo reprograma todas as actividades do Samaín polo loito oficial tras o accidente de tren en Toledo
Imaxe da mesa.. CONCELLO DE LUGO
Por mor das xornadas de loito decretadas por mor do accidente ferroviario o concello de Lugo informa que con respecto a las actividades de Samaín programadas  para o mañá venres 30 e o sábado 31 de outubro vanse reprogramar para o 1 de novembro, cancélanse 2 e aprázase o concerto de Broken Peach para o 6 de decembro.

Túnel do Medo: Domingo 1 novembro- 17:00 a 19:00 (público familiar) 19:00 a 21:00 (adultos) – Aparcadoiro Concello

Concierto Broken Peach: Domingo 6 de decembro- 21:00h – Templete Praza Maior
Factoría de personaxes: CANCELADA
Samaín infantil: Domingo 1 novembro – 10:00 a 14:00h – Praza de Abastos
Ouveos e cairos (flasmob): Domingo 1 novembro – 18:00 a 20:00h
O rastro dos espíritos: Domingo 1 novembro – 17:00h – Aparcamiento Concello
Segredos de Intramuros (ruta Guido): Domingo 1 novembro – 19:30h – Praza do Cantiño
Percusión ancestral: CANCELADA
O son das ánimas (concurso musical): Domingo 1 de novembro 18:00h – Aparcamiento Concello
Concierto Broken Peach: Domingo 6 de decembro – 21:00h – Templete Praza Maior
PLENO CENTRADO EN ASUNTOS ECONÓMICOS SEN DEBATE

O loito oficial decretado polo accidente ferroviario marcou a sesión plenaria celebrada este xoves na cidade de Lugo, na que os asuntos económicos centraron a orde do día. Os puntos tratados sometéronse a votación sen debate e quedaron para a próxima sesión as mocións, os rogos e as preguntas.

Entre os acordos adoptados por unanimidade figura a declaración de especial interese ou utilidade municipal da solicitude de licenza urbanística presentada por Gandaría Casa Curro SC para ampliar un cortello de vacún de leite, construír unha estercolera cuberta e instalar placas solares en Gundín-Benade, número 9.

Tamén recibiu o respaldo unánime o punto relativo ao pago de facturas pendentes, algunhas correspondentes a 2022, por un importe total superior aos 44.000 euros. A sesión abordou así mesmo varias modificacións orzamentarias. A transferencia de crédito destinada á primeira fase do Centro Deportivo Municipal de San Fiz, en Montirón, saíu adiante co voto en contra da oposición.

En canto ás operacións de suplemento de crédito, unha delas, por valor de 200.000 euros, contou co rexeitamento do BNG. A outra, por un importe de 3.626.650 euros, foi aprobada coa abstención desta formación. Esta última modificación orzamentaria permitirá financiar diversas actuacións en ámbitos como os servizos sociais, o patrimonio e as infraestruturas. A sesión desenvolveuse sen debate político, nun formato condicionado polo loito oficial, e deuse por terminado en cinco minutos.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here