InicioLugo e contornaLugoCandia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

O encontro, solicitado polo representante portugués, permitiu analizar posibilidades de cooperación nos ámbitos do turismo, a cultura, a actividade económica e a mobilidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu este mércores pasado no Concello o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia, João Carlos Bezerra da Silva, nun encontro solicitado polo propio representante portugués no que abordaron as posibilidades de reforzar os vínculos entre Lugo e Portugal e avanzar en novas vías de colaboración.

Durante a reunión, a alcaldesa puxo en valor a relación histórica e de proximidade que une Lugo con Portugal e destacou o interese do Concello por dar un novo impulso a estes vínculos e traducilos en iniciativas concretas nos ámbitos do turismo, a cultura, a actividade empresarial, a mobilidade e a cooperación.

“Lugo e Portugal temos unha relación histórica, cultural e de proximidade moi forte. Agora queremos darlle un novo impulso e convertela tamén nunha relación máis operativa, con proxectos concretos nos ámbitos do turismo, a cultura, a actividade empresarial, a mobilidade e a cooperación”.

Un dos ámbitos abordados foi o turismo, analizando as posibilidades de incrementar a conexión con Portugal e promover accións de colaboración que permitan dar a coñecer Lugo como destino cultural e patrimonial.

A alcaldesa destacou tamén o irmandamento con Viana do Castelo, vixente desde 1990, como unha base sobre a que seguir fortalecendo os intercambios e buscando novas fórmulas de cooperación.

A reunión permitiu igualmente abordar as oportunidades existentes no ámbito da cooperación económica e empresarial, así como a importancia das conexións e da mobilidade para favorecer os intercambios entre Galicia e Portugal.

Tras o encontro no Concello o concelleiro de Cultura e Museos, Agustín Gallego, acompañou ao cónsul a unha visita ao Vello Cárcere, onde puido coñecer este espazo cultural.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...