InicioLugo e contornaLugoA Deputación de Lugo inicia o proceso para ampliar persoal dos parques...

A Deputación de Lugo inicia o proceso para ampliar persoal dos parques de bombeiros do Consorcio

Trátase dun dos compromisos adquiridos no marco do novo convenio e a nova relación de postos de traballo do Consorcio aprobados durante o ano 2025. Actualmente, o a cadro de persoal do Consorcio conta con 120 prazas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolleu este martes o inicio do proceso selectivo para cubrir 37 prazas de bombeiro-condutor do Consorcio Provincial de Bombeiros, co obxectivo de reforzar os servizos nos seis parques comarcais: Viveiro, Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte, Chantada.

Este é o primeiro proceso selectivo que se celebra desde a constitución do Consorcio e para o que se presentaron 233 persoas procedentes de diferentes puntos de dentro e fóra de Galicia. Entre os aspirantes figuran profesionais vinculados a distintos parques de bombeiros de Galicia, así como persoal interino do propio Consorcio Provincial e do Concello de Lugo.

Trátase dun dos compromisos adquiridos no marco do novo convenio e a nova relación de postos de traballo do Consorcio aprobados durante o ano 2025. Actualmente, o a cadro de persoal do Consorcio conta con 120 prazas.

Das 37 prazas que saen a concurso-oposición, 26 son de nova creación e 11 son postos que están vacantes neste momento. O proceso arrancou este martes coa proba de coñecementos teóricos, que consistiu nun exame test de 100 preguntas (25 do temario xeral e 75 do específico), e nunha xornada na que se desenvolveu sen ningunha incidencia e dentro do tempo previsto.

A selección continuará con probas físicas (resistencia orgánica, forza, axilidade, natación…) e probas físico-profesionais (aptitude en espazos confinados, en altura, despregamento de mangueiras…). Por último, o proceso completarase coa fase de concurso, no que se valorará o tempo traballado en servizos de emerxencias. A previsión é que o proceso estea finalizado este ano.

Outras melloras

O aumento do persoal dos parques comarcais de Bombeiros súmase a outras melloras levadas a cabo para mellorar a estabilidade e seguridade laboral dun servizo esencial na protección das persoas e dos bens fronte aos incendios e outras emerxencias.

Algunhas desas melloras consistiron nun aumento salarial anual de 6.000 euros na categoría de bombeiro, na redución de 158 horas anuais (de 1.800 a 1.642), o recoñecemento como persoal laboral fixo de traballadores con contrato indefinido no momento da subrogación que se produzo o 1 de maio de 2019, permisos e licenzas, melloras no equipamento e na roupa de traballo, redución da mobilidade entre parques comarcais, axudas sociais e disposición de asuntos propios.

O orzamento destinado ao Consorcio para este ano 2026 permitirá tamén afrontar melloras nas instalacións dos parques. As obras comezarán proximamente e está previsto que os traballos se prolonguen durante aproximadamente dous ou tres meses.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...