InicioLugo e contornaLugoLugo derruba o "tapón" urbanístico da rúa Dona Urraca para "restablecer a...

Lugo derruba o “tapón” urbanístico da rúa Dona Urraca para “restablecer a seguridade” na zona

"Este era un inmoble que, despois dun impacto, tiña unha sensación que, sen ser un técnico, acreditaba que había un perigo. Era unha urxente obra e de necesidade", explicou a alcaldesa de Lugo, Elena Candia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo derrubou o tapón urbanístico de Dona Urraca coa demolición da edificación situada na confluencia das rúas López Guntín, Camiño Verde e Dona Urraca. O obxectivo é recuperar para a vía un espazo que “durante anos dificultou a circulación” nesta zona e, desta forma, “restablecer a seguridade”, en palabras da alcaldesa, Elena Candia.

“Este era un inmoble que, despois dun impacto, tiña unha sensación que, sen ser un técnico, acreditaba que había un perigo. Era unha urxente obra e de necesidade”, explicou a rexedora en declaracións aos medios ofrecidas este xoves, durante o inicio da demolición.

Trátase dunha edificación deshabitada de 91,27 metros cadrados, formada por unha vivenda e un galpón anexo, que “estreitaba a calzada e dificultaba o paso tanto de vehículos como de peóns”, segundo o Concello. A actuación foi realizada mediante execución subsidiaria da orde de demolición tras a tramitación dun expediente de ruína que concluíu a necesidade de demolición total.

Para Elena Candia, esta acción ten “moito significado”, xa que, ao seu xuízo, supón executar unha cuestión “da que tanto se falou e pouco fíxose” e “cumprir” cos compromisos asumidos cando aínda formaba parte da oposición.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Ademais, adiantou que a seguinte intervención deste tipo será a supresión do tapón urbanístico situado en Camiño de Pipín, xunto ao CEIP Cervantes, tamén “moi necesario” a ollos de Candia. Deste xeito, xa se realizou o encargo a Evislusa para iniciar o proceso de expropiación e mantivéronse os primeiros contactos cos propietarios.

Ao mesmo tempo, o equipo de goberno está a traballar en modificar o plan de mobilidade para proceder á eliminación dalgúns tramos do carril bici que, segundo informou a Policía Local á alcaldesa, “non só non teñen ningunha utilidade, senón que ademais son perigosos”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...