InicioSociedadeA Xunta informou ao Poder Xudicial dos medios con que conta De...

A Xunta informou ao Poder Xudicial dos medios con que conta De Lara

O goberno galego confirma que achegou "datos" no marco do expediente aberto polo Poder Xudicial a Pilar de Lara por retrasos inxustificados nas instrucións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia achegou “datos” do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo a petición do Poder Xudicial. Así o confirmou o vicepresidente Alfonso Rueda, quen explicou que o inquérito debeuse á condición do goberno galego de responsable dos medios materiais dos que dispón Pilar de Lara, titular da sede e obxecto dunha investigación interna por atrasos inxustificados na instrución de macrocausas coma a Pokémon, a Carioca ou O Garañón.

O número dous do goberno galego evitou pronunciarse sobre a falta de medios materiais e humanos que alega o representante legal de Pilar de Lara, limitándose a apreciar que “é unha estratexia de defensa”. Aliás, Rueda precisou que o Poder Xudicial pediu información sobre esta cuestión, “e achegamos os datos, que supoño serán tidos en conta por quen está tramitando o expediente”.

Explicou o vicepresidente que enviaron “datos obxectivos” solicitados, como fan “no resto de xulgados de Galicia”. A colaboración co Poder Xudicial produciuse no marco das pescudas do promotor de acción disciplinaria, a quen o letrado Agustín Azparren, responsable da defensa de Pilar de Lara, acusou de valorar unicamente os aspectos negativos. Neste momento, o expediente está paralizado mentres se resolve o recurso pola decisión de prescindir de probas testificais favorables á maxistrada.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...