InicioSociedadeO avogado de Pilar de Lara critica a intromisión do Poder Xudicial...

O avogado de Pilar de Lara critica a intromisión do Poder Xudicial nas instrucións

A defensa da maxistrada Pilar de Lara lamenta que o promotor da acción disciplinaria valore unicamente "os factores negativos" en "instrucións moi complexas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O representante legal de Pilar de Lara amosou inquedanza polo posicionamento do promotor de acción disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e mailo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A polémica xorde no marco da investigación á maxistrada por atrasos inxustificados na instrución de macrocausas coma a Pokémon, a Carioca ou O Garañón.

As insinuacións do máximo responsable da xustiza galega, Miguel Anxo Cadenas Sobreira, tiveron réplica este martes por parte do letrado Agustín Azparren, quen asegurou que “as instrucións non son un fin en si mesmo”. O avogado de Pilar de Lara quixo deixar claro que “non se trata de discrepar co presidente do TSXG”, e desviou a cuestión cara a necesidade de respectar os cauces xudiciais.

Azparren censurou nese senso a intromisión do Poder Xudicial, que abriu un expediente contra Pilar de Lara por dilacións indebidas no Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo. “O problema”, en palabras do letrado, non reside en “como deben facerse as instrucións, senón se realmente se pode corrixir unha forma de facer a instrución a través da responsabilidade disciplinaria”.

“Só se valoran os factores en contra da xuíza”

Na defensa de Pilar de Lara, expuso que “no ámbito da instrución hai un sistema de recurso en decisións que toma o xuíz como poder xudicial, e nesas non pode entrar o Consello Xeral do Poder Xudicial”. Así, sería a instancia superior, vía recurso, a que tería que dirimir se a instrución prolongouse máis da conta, como suxeriu o presidente do alto tribunal galego, e indica o contrainforme de acción disciplinaria que recorreu o avogado.

“O que non se pode facer –insistiu Azparren– é utilizar a vía da responsabilidade disciplinaria para corrixir funcións que son xurisdicionais”, dando a entender que o expediente ten por obxectivo acortar os procesos xudiciais, e non tanto averiguar a orixe dos retrasos. Para o representante de Pilar de Lara, trátase de instrucións “moi complexas” que nunca contaron con medios persoais e materiais abondo.

Así as cousas, Azparren é da opinión de que o promotor da acción disciplinaria non ten en conta estes factores, e xulga a conduta da maxistrada baseándose só nos aspectos desfavorables. Este proceder sería contrario á tese do Tribunal Supremo, di o letrado, que insta a valorar todos os factores antes de pronunciarse sobre responsabilidade de Pilar de Lara.

Neste momento, o expediente está paralizado á espera de resolver o recurso presentado pola defensa pola denegación de probas testificais, que inclúen os testemuños dos inspectores xudiciais. Azparren constatou un “atraso” na resolución por parte do Poder Xudicial.

ÚLTIMAS

Ferida unha muller por arma branca nunha liorta entre catro persoas

Unha muller resultou ferida ao ser alcanzada por unha arma branca durante unha liorta...

Accidente de tráfico en Chantada: bombeiros liberan ao condutor atrapado

Os bombeiros liberaron empregando material de excarceración ao condutor dun vehículo que sufriu un...

Ángeles Vázquez ve igual de importante o expediente de Altri como o de ampliar unha granxa

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, asegura que é "igual de importante" para...

Alfonso Rueda e Ana Pontón coinciden no San Froilán

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...