InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo sinala as "mentiras" do BNG sobre actuacións no...

O Concello de Lugo sinala as “mentiras” do BNG sobre actuacións no rural que quedaron sen resolver

As obras municipais non se executan en función de onde resida ningún concelleiro ou concelleira, senón atendendo ás necesidades da cidadanía e aos informes e peticións que recibe o Concello

PUBLICADA O

- Advertisement -

As declaracións realizadas polo BNG carecen de calquera fundamento e responden, unha vez máis, ao intento de xerar unha polémica artificial arredor dunha actuación plenamente xustificada por razóns de seguridade.

Existe un escrito presentado no concello o 22 de febreiro de 2026 pola empresa concesionaria do transporte escolar no que advertía do mal estado da pista e expresaba a súa preocupación polos riscos existentes para a prestación do servizo, solicitando unha actuación urxente por motivos de seguridade viaria.

Por tanto o motivo da intervención no camiño que vai da N-640 a Pedreda, e o camiño da igrexa en Santa María de Muxa  é  para dar resposta a unha demanda real e resolver un problema que o anterior Goberno deixou sen atender.

As obras municipais non se executan en función de onde resida ningún concelleiro ou concelleira, senón atendendo ás necesidades da cidadanía e aos informes e peticións que recibe o Concello. De feito, a vivenda da concelleira, Flor Rubinos, atópase a tres quilómetros do lugar onde se levará a cabo esta actuación, polo que a insinuación realizada polo BNG é completamente falsa.

O máis rechamante é que esta forma de actuar non é nova. Os grupos políticos do anterior goberno local volveron intentar sacar rendemento político de problemas que cando gobernaba decidiu ignorar. O exemplo máis recente é o do cruzamento das Gándaras: tras o tráxico accidente rexistrado hai uns días o que foi o seu socio de goberno reclamou publicamente a construción dunha rotonda, cando existía desde febreiro de 2022 unha solicitude formal dos empresarios advertindo desa necesidade a que non deron resposta.

É moi significativo que quen deixou sen atender durante anos as reclamacións da veciñanza pretenda agora desacreditar ao Goberno por resolver esas mesmas demandas. Os lucenses esperan solucións, non insinuacións nin intentos de desacreditar actuacións que están plenamente xustificadas polo interese xeral e pola seguridade das persoas.
+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...