InicioLugo e contornaLugoLugo impulsará a súa entrada na Rede de Cidades Amigas da Infancia

Lugo impulsará a súa entrada na Rede de Cidades Amigas da Infancia

A alcaldesa, Elena Candia, acorda coa Plataforma Galega de Escolas Infantís incorporar aos profesionais ao deseño das futuras zonas de xogo e promover a colaboración coa Facultade de Formación do Profesorado para reforzar as políticas municipais dirixidas á infancia

PUBLICADA O

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión de traballo cos representantes da Plataforma Galega de Escolas Infantís,  David Castro e Pilar Varela Rojo, para coñecer de primeira man distintas propostas orientadas a mellorar a atención educativa na primeira infancia e seguir avanzando nun modelo de cidade centrado nas persoas desde os primeiros anos de vida.

Durante o encontro, ambas partes acordaron impulsar a adhesión de Lugo á Rede de Cidades Amigas da Infancia, unha iniciativa que promove políticas públicas orientadas á protección, participación e benestar dos nenos e nenas.

A reunión serviu tamén para poñer sobre a mesa a importancia de contar coa Facultade de Formación do Profesorado como aliada estratéxica, achegando coñecemento, investigación e innovación educativa ao desenvolvemento das políticas municipais dirixidas á primeira infancia. Neste sentido, valorouse a creación dun marco de colaboración que permita coordinar, reforzar e dar continuidade ás distintas iniciativas e programas que xa se desenvolven na cidade en favor da infancia.

Outro dos compromisos asumidos pola alcaldesa foi incorporar a visión e a experiencia dos profesionais da educación infantil no deseño das futuras zonas de xogo que impulse o Concello, co obxectivo de que estes espazos respondan tamén a criterios pedagóxicos, de desenvolvemento infantil, accesibilidade e inclusión.

Durante a reunión, Elena Candia repasou algunhas das actuacións que o Goberno local está a impulsar no marco do seu proxecto de cidade centrado nas persoas, entre elas o apoio a entidades como Intelecto e Medrando Xuntas, a creación da futura Unidade de Atención Temperá e Postemperá, o desenvolvemento dun Plan Municipal de Saúde Mental e a colaboración coas entidades que traballan con nenos e nenas con necesidades especiais.

A alcaldesa destacou a importancia de manter unha colaboración permanente cos profesionais que traballan diariamente coa infancia e sinalou que “as mellores políticas públicas nacen da escoita e da colaboración con quen coñece de primeira man as necesidades das familias e dos nenos e nenas. Queremos seguir construíndo un Lugo máis amable, inclusivo e pensado para acompañar ás persoas en todas as etapas da vida, empezando pola infancia.”
+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...