InicioSen categorizarCC.OO. denuncia unha redución histórica das contratacións de Correos durante o verán

CC.OO. denuncia unha redución histórica das contratacións de Correos durante o verán

Segundo os datos recompilados polo sindicato, os maiores recortes producíronse en Lugo, Monforte, Quiroga e Foz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CC.OO.) denuncia unha redución “histórica” das contratacións durante o verán en Lugo, o que provoca “sobrecarga de traballo” e un empeoramento da calidade do servizo postal. Segundo os datos recompilados polo sindicato, os maiores recortes producíronse en Lugo, Monforte, Quiroga e Foz, onde a cobertura de vacacións e ausencias está “moi por debaixo das necesidades reais do servizo”. “Correos pretende prestar máis servizos con menos persoas“, resume.

“Cada verán recorta a contratación mentres aumenta a poboación, medra a paquetería e se incorporan novas tarefas ás xa existentes. É unha decisión exclusivamente económica que acaba pagando a plantilla e a cidadanía”, denuncia. CC.OO. reprocha que estes recortes “resultan especialmente contraditorios cando a dirección de Correos continúa presentando publicamente a empresa como un instrumento esencial para a cohesión territorial e anuncia novos servizos públicos que requiren máis recursos humanos e non menos”. Censura que este recorte nas contratacións se produza cando Correos “se gaba” duns beneficios de 11,5 millóns de euros declarados pola entidade en 2025.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...