InicioLugo e contornaLugoXimnasia gratuíta no parque da Milagrosa e na praza de Viana do...

Ximnasia gratuíta no parque da Milagrosa e na praza de Viana do Castelo en Lugo

As sesións serán de acceso libre e non será necesario realizar inscrición previa, co obxectivo de facilitar a participación de toda a veciñanza

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo continúa impulsando actividades gratuítas para promover hábitos de vida saudables e o envellecemento activo coa posta en marcha dun novo programa de ximnasia ao aire libre.

As sesións desenvolveranse no parque da Milagrosa todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto, ás 18.30 horas, e na Praza de Viana do Castelo os luns e os mércores de 18.30 a 19.30 horas. Serán de acceso libre e non será necesario realizar inscrición previa, co obxectivo de facilitar a participación de toda a veciñanza.

Esta iniciativa súmase á programación estival organizada polos distintos centros de convivencia en diferentes puntos da cidade, que está a rexistrar unha excelente resposta por parte da cidadanía. Neste sentido, actividades como Pilates no Río (LUNS MÉRCORES DE XULLO E AGOSTO ÁS 18.30 HORAS) están a contar cunha elevada participación desde o seu inicio, confirmando o interese dos lucenses por este tipo de propostas  ao aire libre. 

Desde o Concello anímase á veciñanza a participar nesta nova actividade, que combina exercicio físico, benestar e convivencia nun dos principais espazos verdes do barrio da Milagrosa.

Por outra parte lembrar que esta tarde entre ás 17.00 ata as 20.00 horas está prevista unha nova sesión de ctividades á beira do Miño, a carón da piscina de Los Robles. Haberá 5 inchables, dous deles con auga. Esta actividade tamén é gratuíta

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...