InicioLugo e contornaLugoCandia reúnese coa secretaría xeral de Política Social e ALUME para seguir...

Candia reúnese coa secretaría xeral de Política Social e ALUME para seguir proxectos prioritarios para o goberno local

No encontro confirmouse que o proxecto básico do novo centro estará rematado a finais deste mes, un paso previo á solicitude da correspondente licenza urbanística e que permitirá continuar coa tramitación dunha infraestrutura chamada a converterse nun dos principais recursos de atención ás persoas con problemas de saúde mental da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha reunión de coordinación coa secretaria xeral de Política Social, María Francisca Gómez Santos, e co subdirector de ALUME, Aarón Argudo, para facer seguimento dun dos proxectos prioritarios do Goberno municipal: o futuro centro que a Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais habilitará na antiga sede de Aspnais.
No encontro confirmouse que a finais deste mes teremos xa o proxecto básico para pedir licenza do centro de Alume o  que permitirá continuar coa tramitación dunha infraestrutura chamada a converterse un dos principais recursos de atención ás persoas con problemas de saúde mental da cidade.
Tamén se ratificou que o proxecto terá 25 prazas residenciais, unha vivenda, 40 prazas de centro de día, e 85 prazas de CRPL (Centro de Rehabilitación Psicosocial e laboral) , ampliando de maneira significativa os recursos especializados dos que disporá Lugo.
Durante a reunión tamén se confirmou a eliminación do muro exterior do recinto, unha actuación que permitirá integrar mellor o complexo na contorna, mellorar a súa accesibilidade e crear un espazo máis aberto e amable.
Elena Candia destacou que este é un dos proxectos que forma parte do compromiso do goberno municipal por construír un Lugo que poña ás persoas no centro das políticas públicas e suporá ampliar os recursos asistenciais e sociosanitarios da cidade.
A alcaldesa subliñou que o Concello continuará mantendo unha coordinación permanente coa Xunta de Galicia e coas entidades sociais implicadas para garantir que este proxecto continúe avanzando conforme aos prazos previstos e poidan materializarse o antes posible.

PROGRAMACIÓN CULTURAL

O Concello de Lugo, a través da área de Cultura e Educación, incorpora este verán unha nova proposta á programación cultural municipal coa posta en marcha de Cine na Rúa, un ciclo de sete proxeccións ao aire libre pensado para achegar o cinema a distintos barrios e parroquias do municipio.
A iniciativa nace coa vocación de converter rúas, prazas e espazos públicos en lugares de encontro para desfrutar da cultura en familia durante as noites de verán, cunha programación gratuíta, variada e dirixida a públicos de todas as idades.
Un dos aspectos máis destacados do ciclo é a súa aposta pola descentralización da oferta cultural, xa que catro das sete proxeccións celebraranse no rural, concretamente nas parroquias de Orbazai, Benade, San Xoán do Campo e Nadela, achegando por primeira vez esta actividade a diferentes puntos do municipio.
XVI XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO
 Lugo estará representada por unha expedición integrada por 116 deportistas e membros do corpo técnico nos XVI Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán entre os días 5 e 10 de xullo en Santiago de Compostela.
Antes do inicio da competición, a alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes da delegación lucense para trasladarlles o apoio de toda a cidade e desexarlles sorte nesta importante cita deportiva.
+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...