InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo participou este mércores na presentación da Cátedra de...

O Concello de Lugo participou este mércores na presentación da Cátedra de Xestión Cultural

Tamén o Concello de Lugo acolleu este mércores a reunión de seguimento do convenio de colaboración da Vía Künig

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe na presentación da Cátedra de Xestión Cultural Especializada en Patrimonio, unha iniciativa que permitirá promover a formación, a investigación e a profesionalización da xestión do patrimonio cultural desde o Campus de Lugo.

Durante a súa intervención, Candia destacou que Lugo reúne unhas condicións únicas para converterse nun referente neste ámbito, tanto polo seu patrimonio material como polo seu patrimonio inmaterial.

“Lugo ten un patrimonio excepcional e tamén unha enorme oportunidade para formar profesionais especializados capaces de investigalo, conservalo e poñelo en valor. Esta cátedra representa un espazo de coñecemento que tamén pode servir de apoio ás administracións á hora de desenvolver novos proxectos”.

VIA KÜNIG

O Concello de Lugo acolleu este mércores a reunión de seguimento do convenio de colaboración da Vía Künig, na que participaron os concellos de As Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo e Lugo para coordinar as actuacións que se desenvolverán ao longo deste ano co obxectivo de continuar impulsando a recuperación, promoción e posta en valor deste histórico itinerario xacobeo descrito polo monxe alemán Hermann Künig no século XV.

A reunión estivo presidida pola alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e contou coa participación do concelleiro de Turismo e Museos, Agustín Gallego; do alcalde das As Nogais e presidente do convenio, Jesús Núñez; do director técnico do proxecto, Javier Gómez Vila; e dos representantes dos concellos adheridos ao acordo: Felipe Labrada Reija (alcalde O Corgo); Miguel González Piñeiro (alcalde Baralla) e Manuel Martínez (tenente de alcalde de Becerreá).

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...