InicioPolíticaO PP quere que a Semana Santa de Lugo sexa declarada Festa...

O PP quere que a Semana Santa de Lugo sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional

Elena Candia puxo en valor que "Lugo ten unha Semana Santa con identidade propia, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2018"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do Grupo Municipal do PP en Lugo, Elena Candia, anunciou que a súa formación vai impulsar unha iniciativa para que “todas as administracións traballen de maneira coordinada coa Xunta de Confrarías para conseguir a declaración da Semana Santa de Lugo como Festa de Interese Turístico Nacional”.

Candia puxo en valor que “Lugo ten unha Semana Santa con identidade propia, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2018, e que creceu grazas ao compromiso das confrarías e á implicación de moitas persoas que, ano tras ano, manteñen viva esta tradición”.

Así mesmo, a popular quixo tamén “recoñecer e agradecer o traballo de todo o persoal municipal que fai posible o bo desenvolvemento e estes días, contribuíndo a que Lugo ofreza a súa mellor imaxe”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...