InicioPolíticaO PP de Lugo celebra o "compromiso" da Xunta coa provincia reflectido...

O PP de Lugo celebra o “compromiso” da Xunta coa provincia reflectido nos orzamentos

Nunha nota de prensa, os populares puxeron en valor que o Executivo galego presente os orzamentos "en tempo e forma" para entrar en vigor antes do 1 de xaneiro, en contraposición co Goberno central.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados lucenses do PP no Parlamento celebraron o “compromiso” da Xunta coa provincia de Lugo ao ser o territorio que máis gasto por habitante recibe nas contas para 2026 presentadas esta semana, con 5.754 euros per cápita.

Nunha nota de prensa, os populares puxeron en valor que o Executivo galego presente os orzamentos “en tempo e forma” para entrar en vigor antes do 1 de xaneiro, en contraposición co Goberno central.

Neste sentido, destacaron que mentres a Xunta “actúa desde a responsabilidade e a previsión ofrecendo estabilidade de man dunhas contas actualizadas e centradas en Galicia”, o Goberno central “non é capaz de presentar unha proposta, mostrando a dependencia dos seus socios independentistas”.

En canto á provincia de Lugo, os parlamentarios do PPdeG subliñaron que no capítulo de gastos recóllese un investimento de 1.867 millóns de euros en actuacións directas, ademais doutras achegas “directas” para sufragar servizos públicos que presta a Xunta.

Entre as cifras que destacaron os populares, os máis de 700 millóns de euros para a área sanitaria, “incrementándose nun 5% e con melloras en varios centros de saúde da provincia, a modernización dos hospitais comarcais e en equipamento hospitalario”.

Tamén puxeron en valor os máis de 76 millóns de euros para o ámbito dos coidados e a atención ás persoas, así como outras partidas para infraestruturas, emprego, vivenda, rural, emerxencias ou desenvolvemento industrial, entre outras.

ÚLTIMAS

11 candidaturas optan ao XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2025

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento...

O TSXG confirma o veto ao parque eólico Medoutraves na Fonsagrada por afectar á Rede Natura

A sección terceira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

O Concello de Lugo reclama á Xunta o financiamento do SAF segundo o “custo real”

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...