InicioLugo e contornaLugoPrimeira reunión José Tomé e Miguel Fernández:"compromiso de estabilidade e colaboración institucional"

Primeira reunión José Tomé e Miguel Fernández:”compromiso de estabilidade e colaboración institucional”

Alcalde e presidente da Deputación de Lugo sinalaron a achega de máis de medio millón de euros que a institución provincial fai a través do Plan Deputación; as colaboracións con eventos como o Caudal Fest ou o Arde Lucus

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo na mañá deste luns a súa primeira visita oficial como rexedor á Deputación Provincial, onde foi recibido polo presidente, José Tomé, co que completou unha serie de actos protocolarios que culminaron cunha reunión de traballo para falar tanto de proxectos en marcha como doutros futuros.

Entre eles, puxeron en valor as obras do desdobre da avenida Infanta Elena, nas que a institución provincial inviste 1,3 millóns de euros e que comezarán en breve, entre a zona desde a glorieta de Garaballa de Arriba e a de Benigno Rivera.

Abordaron tamén, outros apoios e colaboracións estratéxicas entre a Deputación e o Concello de Lugo nos últimos anos. Entre eles, sinalaron achega de máis de medio millón de euros que a institución provincial fai a través do Plan Deputación; as colaboracións con eventos como o Caudal Fest ou o Arde Lucus; ou as diferentes actuacións nas estradas provinciais, que teñen repercusión nas comunicacións da capital.

Ambos anunciaron “un compromiso claro de estabilidade e colaboración institucional” para seguir buscando vías de colaboración na súa reunión de traballo para proxectos de futuro, aínda que non quixeron avanzar o contido dos mesmos.

José Tomé Roca recibiu ao rexedor no despacho presidencial e fíxolle entrega dunha miniatura da fachada de San Marcos gravada en cristal sobre unha base de granito e un exemplar da publicación Hospital de Isabel II.

O rexedor lucense, que tamén é deputado provincial, asinou no libro de ouro e dixo sentirse “moi emocionado por ter o inmenso privilexio de poder asinar como alcalde o libro de ouro desta institución” pola que asegurou sentir “un profundo agarimo”. “É importante destacar e pór en valor todo o traballo que leva a cabo en beneficio de cada un dos territorios que conforman a nosa provincia”, destacou.

Pola súa banda, José Tomé valorou a “dedicación exemplar ao servizo público” do novo alcalde e asegurou que coa súa elección “está asegurada a continuidade do modelo de progreso e de transformación da cidade, que se iniciou con Lara Méndez e que seguiu con Paula Alvarellos”.

O rexedor lucense incidiu na importancia desa colaboración entre administracións e sobre o labor da Deputación de Lugo á hora de contribuír á cohesión social e territorial de Lugo, así como a outros proxectos no ámbito cultural.

“Afortunadamente, Lugo e os lucenses somos coñecedores deste gran traballo, xa que desde hai moito tempo a colaboración levada a cabo entre o Concello e Deputación está a permitir que a nosa cidade consolide o seu proxecto modernizador, permitíndonos así mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, e o que non é menos importante, dinamizar o noso tecido produtivo xerando riqueza, emprego e fixando poboación”, apuntou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...