InicioCulturaA produción artística que arrodea o Nadal trasládase a Vilalba e Lugo

A produción artística que arrodea o Nadal trasládase a Vilalba e Lugo

As mostras de arte e fotografía, enmarcadas no 47.º Nadal en Begonte, inician en xaneiro o percorrido final polo centro da provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A mostra itinerante de fotografías do 47.º Nadal en Begonte chega a Vilalba. A Casa da Cultura da cabeceira da comarca albergará a exposición a partir das 12.00 horas do mércores 2 de xaneiro. As instantáneas quedarán a disposición do público co auspicio do centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte (entidade promotora do Belén Electrónico de Begonte) e o Grupo Fotográfico Fonmiñá de Lugo.

As 39 fotografías desta exposición conforman unha perspectiva poliédrica de temas do Nadal, comprendendo visións tradicionais, humanas e paisaxísticas. A mostra pode contemplarse ata o próximo 15 de xaneiro na Casa de Cultura vilalbesa. 

Da mostra participan os fotógrafos lucenses Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Eduardo Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, José Manuel Guisasola, Gerardo L. Méndez, Hixinio Flores e Toñi Fernández Ónega (in memoriam). 

Exposición Imaxes do Nadal | Xunta de Galicia
Exposición Imaxes do Nadal | Xunta de Galicia

No pasado ano, Imaxes do Nadal ofreceuse ao público en Lugo, Begonte e Chantada; este ano, na Casa Habanera de Guitiriz e na Casa do Concello de Rábade, con Vilalba como derradeira parada; en próximos anos, a mostra seguirá a percorrer a Terra Chá como aportación ás festas do Nadal.

No acto inaugural da exposición, ademais de representantes do Concello de Vilalba que colabora na organización, participarán o Alcalde de Begonte, José Ulla Rocha; o Presidente do Centro cultural begontino, Jesus Domínguez Guizán; o Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz; o responsable de Fotografía do Grupo e coordinador da mostra, Eduardo Ochoa; e varios dos fotógrafos autores das obras expostas.

Certame Galego de Arte

Como en cada edición, o Nadal en Begonte complétase coa convocatoria de certames culturais, en concreto, os de pintura de tema libre, e relacionados con Nadal, os de poesía, xornalismo e debuxo infantil.

Así, está aberta en Lugo a mostra das obras presentadas ao XXIX Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, na sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo. A inauguración oficial desta galería vaise efectuar o xoves, 3 de xaneiro, ás 10.30 horas.

A iniciativa artística do centro cultural José Domínguez Guizán estará aberta en Lugo ata o 14 de xaneiro, para trasladarse o 15 dese mes á Casa da Cultura de Begonte.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...