InicioCulturaConta atrás para a apertura do Belén Electrónico de Begonte

Conta atrás para a apertura do Belén Electrónico de Begonte

A 47.ª edición do Nadal en Begonte, declarado de interese turístico, permitirá visitar novamente o Belén Electrónico que funciona dende 1972

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Nadal en Begonte do ano anterior atraeu a máis de 40.000 visitantes, cautivados pola espectacular representación do nacemento de Xesús que leva montándose de xeito ininterrompido dende 1972. O Belén Electrónico abrirá como manda a tradición o primeiro sábado de decembro, día 1, na que será a 47.ª edición desta festa.

O Belén de Begonte, de pezas artesanais movidas por mecanismos, permanecerá exposto ata o 26 de xaneiro no Centro Cultural José Domínguez Guzmán. É posible, previa reserva, organizar visitas colectivas a esta magna obra de 150 metros cadrados que cada ano recibe novos elementos.

Arredor do Belén organízase todo o Nadal en Begonte, que terá pregón a cargo do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. Será a partir das 18.00 horas do sábado primeiro de decembro, e incluirá a actuación das escolas municipais de música de Begonte, Rábade e Outeiro de Rei, así como da Banda Xuvenil.

Certames culturais

Unha vez máis, a festa do Belén complétase coa convocatoria de certames culturais, en concreto, os de pintura de tema libre, e relacionados con Nadal, os de poesía, xornalismo e debuxo infantil, dotados todos eles con distintos premios e agasallos.

Tamén está prevista a tradicional exposición de fotografías Imaxes do Nadal, que rotará polos concellos de Guitiriz, Rábade e Vilalba, como tamén a mostra coas obras presentadas no certame de arte na sala de exposicións da Xunta de Galicia, que tamén terá parada na Casa da Cultura de Begonte.

ÚLTIMAS

Morre un home tras ser rescatado inconsciente dun río en Chantada

Un home faleceu na tarde deste martes tras ser rescatado inconsciente no embarcadoiro de...

Así quedou restaurado o mural de Lugo por Palestina tras ser atacado

"O pasado domingo 14 rematouse de pintar un mural en apoio a Palestina e...

Dous homes investigados por pescar troitas con electricidade no río Rodil

A Garda Civil investiga a un veciño da Fonsagrada, de 72 anos, e a...

Detidos dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos de cobre nunha empresa

A Garda Civil detivo en Vilalba a dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos...