InicioMedioambiente e PatrimonioNorvento Enerxía: un exemplo de eficiencia e autosuficiencia enerxética

Norvento Enerxía: un exemplo de eficiencia e autosuficiencia enerxética

O novo centro de Norvento integrará tecnoloxías avanzadas como paneis fotovoltaicos e sistemas de coxeneración de biomasa para unha operación independente da rede eléctrica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo este venres o Centro de Innovación Norvento Enerxía, situado en Lugo, como exemplo de compromiso coa descarbonización e modelo do desenvolvemento sustentable polo que aposta o Goberno galego.

Durante a visita a estas instalacións, na que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a conselleira destacou o “máximo apoio” e impulso da Administración autonómica ás enerxías renovables, á descarbonización e ao emprego verde co obxectivo de “garantir o equilibrio fundamental entre o coidado do territorio e o desenvolvemento da economía”.

Nesa liña, Ángeles Vázquez puxo en valor que o edificio deste centro sexa unha sede autosuficiente enerxicamente e neta en emisións, xa que conta cun sistema que aproveita a luz do sol, a auga da choiva e recicla as augas grises para autoabastecerse, evitando a emisión á atmosfera de máis de 160 toneladas anuais de gases de efecto invernadoiro. A maiores, é capaz de operar sen necesidade de conexión á rede eléctrica grazas a unha microrede intelixente que combina, entre outros elementos, paneis fotovoltaicos, un sistema de enerxía xeotérmica, grupos de cogeneración de biomasa e un sistema de baterías capaz de asegurar a permanente subministración mesmo en períodos de escasa de produción das renovables.

A conselleira tamén lembrou que a Xunta de Galicia considerou ‘Proxecto empresarial singular’ o novo centro de produción cero emisións que Norvento previu construír nas proximidades deste centro de innovación. Esas novas instalacións tamén serán energeticamente autosuficientes e encargarase da produción dunha gama de produtos de alto valor engadido como aeroxeradores de media potencia nED, solucións contenerizadas de almacenamento eléctrico con baterías e sistemas de electrónica de potencia.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...