InicioPolíticaUltimátum do BNG ao goberno de Lugo polo borrador de ordenanza cívica

Ultimátum do BNG ao goberno de Lugo polo borrador de ordenanza cívica

Os nacionalistas ameazan con negar o apoio ao goberno socialista de Lugo se non anuncia a retirada o borrador da ordenanza antes da fin de outubro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego esixe ao executivo de Lara Méndez que anuncie publicamente o abandono do proxecto de ordenanza cívica antes da fin de outubro. En caso contrario, o grupo municipal retirará indefinidamente o apoio ás propostas do goberno socialista de Lugo. O voceiro do Bloque, Rubén Arroxo, xustificou o ultimátum co argumento de que representa un modelo de cidade antagónico ao que propugnan no BNG.

O anuncio chegou este luns, ao abeiro da representación do consello comarcal e local do Bloque. Os nacionalistas reiteran o rexeitamento a un cambio normativo intentado por vez primeira en 2009, e que quedou na gabeta ata que as presións do empresariado lucense levaron a redactar un novo borrador, auspiciado polo Partido Socialista, Partido Popular e Cidadáns. Para Arroxo, a alcumada ordenanza mordaza “dimunúe a capacidade do movemento cultural e castiga ás persoas con menos recursos”.

No BNG opinan que na mobilización do pasado 26 de setembro “a veciñanza demostrou que non quere esta ordenanza”. O voceiro nacionalista confrontou a ordenanza coa aposta polos colectivos culturais, artísticos e deportivos, “un modelo de cidade dinámico e pensado para as persoas”. Arroxo cominou a abandonar o borrador, e en caso negativo, pediu ao grupo socialista “que non nos chamen absolutamente para nada”. “Que o Partido Socialista se adique a seguir construíndo o seu modelo de cidade con Partido Popular e Ciudadanos”.

Sostén o candidato nacionalista á alcaldía que o urxente é actualizar catro ordenanzas pendentes. Serían a de medio ambiente, “para mellorar unha das cuestións a debate, a limpeza  e o coidado da cidade”; a de contaminación acústica, “metida dende o mandato pasado nun caixón, necesaria para mellorar a convivencia”; a de tenencia de animais, “que hai que actualizar para adaptala á lexislación que vén de ser aprobada hai escasos meses no Parlamento”; e a de publicidade, “importantísima para frear e eliminar a publicidade sexista”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...