Home Lugo e contorna Lugo [GALERÍA] Manifestación contra o proxecto da ordenanza cívica

[GALERÍA] Manifestación contra o proxecto da ordenanza cívica

1
[GALERÍA] Manifestación contra o proxecto da ordenanza cívica
Manifestación convocada pola plataforma Lugo Sen Mordazas contra o proxecto de ordenanza cívica | Óscar Bernárdez

Lugo Sen Mordazas congregou a cidadanía lucense para protestar contra o proxecto de ordenanza cívica que  plantexan no consistorio os grupos do Partido Socialista, o Partido Popular e Ciudadanos, con apoio de empresarios locais. A manifestación partiu da Praza de Santa María contra as 20.40 horas deste mércores, percorrendo A Tinería e a Ronda da Muralla, atravesando pola rúa Montevideo e rematando na Praza Maior.

Malia que fontes municipais negan que as sancións contempladas no borrador da normativa sexan as que reflicte Lugo Sen Mordazas, o escrito esperta dúbidas xurídicas, contendo elementos de difícil compatibilidade con dereitos fundamentais, e incluso podería resultar inconstitucional, estabelecendo conflitos de competencias. O Colexio Oficial de Traballo Social cualifica a ordenanza de “antidemocrática”.

A manifestación protestou pola coacción sobre os colectivos da Tinería, en especial aqueles en risco de exclusión social, amosando oposición á restricción de usos do espazo público, con propostas de sancións que poderían marxinalizar a grupos xa excluídos ou limitar a expresión cultural de Lugo.

+ posts

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here