InicioPolíticaO goberno de Lugo desiste do proxecto da 'ordenanza mordaza'

O goberno de Lugo desiste do proxecto da ‘ordenanza mordaza’

O Partido Popular cualifica de covarde á alcaldesa Lara Méndez por "plegarse á chantaxe" do BNG, que considera a retirada da ordenanza un logro da cidadanía

PUBLICADA O

- Advertisement -

O executivo de Lara Méndez abandona a polémica ordenanza mordaza. O grupo socialista de Lugo entende que o borrador plantexado carece de consenso abondo, e desbota continuar malia o apoio de Partido Popular e Cidadáns. A decisión chega dous días despois do ultimátum do Bloque Nacionalista Galego, que ameazara con retirar indefinidamente o apoio no pleno se o cambio normativo seguía sobre a mesa en outubro.

De novo o proxecto volve quedar na gabeta, como xa sucedera en tempos de López Orozco. A promulgación dunha ordenanza de convivencia máis restritiva era un desexo do empresariado de Lugo. Desta vez, a renuncia prodúcese en plena carreira electoral, a tan só sete meses dos comicios municipais. Na dirección local do Partido Socialista pesaron as dúbidas legais e a contestación social, mais tamén aparecer na fotografía canda os partidos da dereita.

O certo é que a presión aumentou considerablemente en datas recentes. Todo parecía indicar que o verán era o intre propicio para aprobar a ordenanza cívica, polo que as forzas da esquerda e os movementos sociais permaneceron en garda e alertando contra esta posibilidade. Comprobadas as reticencias do consistorio, comezaron novos actos reivindicativos que culminaron coa manifestación do 26 de setembro. As mensaxes do Concello tentando mitigar o alcance da norma foron ineficaces.

Semellaba evidente que a ordenanza decaería indefectiblemente, mais o Bloque quixo precipitar a retirada e ameazou con deixar de apoiar as votacións provintes da bancada socialista. Para evitar máis problemas na sempre complicada tramitación plenaria, Lara Méndez decidiu anunciar publicamente a retirada do proxecto. A fronte nacionalista apuntouse un tanto sen custe político, aínda que o voceiro Rubén Arroxo dixera que era un logro da cidadanía, instando a solucionar os problemas de Lugo coa actualización das ordenanzas xa existentes.

Ben distinta foi a acollida do anuncio nas filas do Partido Popular. O representante Antonio Ameijide dixo que esta “rendición” “deixa patente a covardía” da alcaldesa, á que acusan de “plegarse ao chantaxe do BNG”. Os populares consideran que o goberno local antepón os intereses de quen incumpre a lei, co pretexto de “tentar manterse no sillón”. Para Ameijide, este feito demostra que “goberno é débil” “e que xa está pensando no xeito de tentar gobernar o vindeiro ano”. 

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...