InicioLugo e contornaLugoAs festas do San Froilán contarán cun punto violeta na Praza...

As festas do San Froilán contarán cun punto violeta na Praza Maior

O punto, que se articulará en colaboración con Cruz Vermella, busca "contribuír a previr situacións de acoso ou violencia machista e atender as posibles vítimas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou a instalación dun ‘punto violeta’ na Praza Maior durante as festas do San Froilán.

O punto, que se articulará en colaboración con Cruz Vermella, busca “contribuír a previr situacións de acoso ou violencia machista e atender as posibles vítimas”.

Todas as persoas que o desexen poderán achegarse a recibir información ou comunicar calquera tipo de situación de acoso sexual. Ademais, repartiranse folletos informativos. O punto habilitado polo Goberno de Lugo situarase no fondo da praza Maior, do mesmo xeito que nos últimos anos, e prestará atención os días 4, 6, 7, 8 e 11 de outubro entre as 21,00 e as 02,00 horas.

A edil lembrou que a violencia machista “pode mostrarse de distintas maneiras segundo o ámbito e o espazo”, aínda que festas como o San Froilán “son especialmente sensibles a este tipo de situacións”. “Debemos concienciar e sensibilizar para modificar e erradicar actitudes e comportamentos sexistas nos espazos de lecer, creando así espazos libres de agresións onde todos e todas podamos gozar das festas libremente e con tranquilidade”, sinalou a concelleira.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...