Home Lugo e contorna Lugo Xa está a listaxe provisional de adxudicacións nas escolas infantís do Concello de Lugo

Xa está a listaxe provisional de adxudicacións nas escolas infantís do Concello de Lugo

0
Xa está a listaxe provisional de adxudicacións nas escolas infantís do Concello de Lugo
Neno pintando nunha gardaría / Xunta escola infantil

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou que neste 18 de maio se publicaron as listaxes provisionais de adxudicación de prazas nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo. Felipe Rivas informou que “continuamos avanzando no procedemento de adxudicación das prazas nas Escolas, publicando a adxudicación  provisional e abrindo o prazo de alegacións”.

O período de alegacións estará aberto ata o 2 de xuño, e o procedemento continuará a partir desa data coa publicación definitiva das listaxes e a apertura do período de matrícula. As listas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación.

A rede de escolas infantís municipais está formada por catro escolas distribuidas por toda a cidade. Neste ano, como novidade, aplícase a gratuidade da atención de todas as crianzas, sen importar se teñen ou non irmás. “Agardamos que no próximo curso poidamos retomar a normalidade sanitaria, co que se recuperarán os horarios e as actividades previos á pandemia”, afirmou Felipe Rivas.

 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here