InicioLugo e contornaLugoLara Méndez rexeita poñer cámaras: "somos a cidade máis segura de Galicia"

Lara Méndez rexeita poñer cámaras: “somos a cidade máis segura de Galicia”

A policía local celebra o seu 160 aniversario sen cubrir todas as prazas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo celebrou o seu 160 aniversario, fundada en 1862, nun acto no que a alcaldesa, Lara Méndez, xunto con outras autoridades pasaron revista aos axentes na Praza Maior. O intendente e responsable policial, Jesús Piñeiro, destacou que se trata dun “corpo novo, é un corpo operativo, é un corpo con ilusión”, aínda que actualmente só conta con 118 axentes, sen cubrir a totalidade de postos do persoal de 140 persoas.

“Hai moitísima xente nova, preparada, e tratamos de recuperar o control da cidade en canto a seguridade cidadá, de seguridade viaria, de policía xudicial, do control de normativa administrativa. Creo que estamos a traballar ben nos grupos que temos operativos”, valorou.

Son catro os grupos operativos: unha unidade de Policía de Barrio, outro grupo de atestados “moi forte”, ademais dunha unidade de xestión administrativa e outra de sancións. Conta con 14 vehículos, dúas furgonetas e sete motos. O intendente, que entrou na Policía Local de Lugo en 1981, lembrou que por aquel entón “había na cidade unha cantidade importante de cuarteis, con moitos militares. “Despois veu o campus con máis de 15.000 estudantes e tivémonos que ir amoldando a esta situación”, explica.

“Dentro do corpo da Policía Local creáronse unidades operativas especiais, como a brigada nocturna, a brigada diúrna ou a brigada de drogaas. Hoxe creo que co apoio da Policía Nacional, coa boa relación que mantemos, creo que Lugo é unha das cidades máis seguras de España”, destacou.

“A CIDADE MÁIS SEGURA DE TODA GALICIA

Precisamente, a alcaldesa, Lara Méndez, sostén que Lugo é “a cidade máis segura de toda Galicia”, en resposta á asociación Lugo Monumental que reclama máis presenza policial no centro e cámaras de vixilancia para evitar as pelexas ou actos vandálicos do fin de semana.

Remarca que a “presenza policial é total e continua nas rúas”. “E quero loar o traballo que realiza a Policía Local de Lugom que se reflicte nos datos porque somos a cidade máis segura de Galicia”, apunta.

“Seguiremos implicándonos para mellorar, porque todo é susceptible de mellora e ese é o gran obxectivo que temos tanto no número de efectivos como de recursos materiais”. “Nos últimos anos dotámonos de máis Policía Local, de novos vehículos e de novas infraestruturas, así como a formación que segue sendo constante e continua”, subliñou.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...