InicioCulturaMaite Ferreiro lembra o "inconformismo, rebeldía e feminismo" de Rosalía nun acto...

Maite Ferreiro lembra o “inconformismo, rebeldía e feminismo” de Rosalía nun acto do Concello de Lugo

As concelleiras e concelleiros do Goberno de Lugo participaron nos actos do Día de Rosalía organizados pola área de Cultura e a AELG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega realizaron este mércores en Lugo un acto con motivo do Día de Rosalía, celebrando o 185 aniversario do nacemento da poeta. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou a figura “moderna, poderosa e valente” de Rosalía, e afirmou que isto converte á poeta “nunha das mellores figuras que nos definen como pobo”.

“Rosalía foi pioneira na defensa da nosa lingua, pioneira na defensa dos dereitos e pioneira na defensa dos dereitos das mulleres e por iso é preciso lembrar a esa Rosalía feminista, inconformista, e rebelde que rompeu moldes e que hoxe sigue sendo un referente”, afirmou Maite Ferreiro.

O acto continuou coa ofrenda florala Rosalía e coa interpretación da Alborada de Rosalía, unha peza musical escrita pola propia poeta. Despois da lectura do manifesto da AELG polo Día de Rosalía, escrito por Beatriz Maceda, realizouse a tradicional lectura pública de poemas de Rosalía. A actividade contou coa presenza de estudantes do colexio Rosalía e María Auxiliadora, que realizaron tamén a súa homenaxe á Poeta.

Día de Rosalía 2022

O Día de Rosalía celébrase este ano por primeira vez o 23 de febreiro, despois de que a Fundación Rosalía de Castro propuxera mudar a data debido ao recente descubrimento da investigadora Sagrario Abelleira, que correxiu a data de nacemento da poeta.

O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis importantes do calendario cultural galego. Comezou sendo unha data celebrada e reivindicada pola AELG para logo conseguir unha presenza destacada no mundo escolar. Posteriormente chegaría a súa extensión a outros sectores máis amplos da sociedade e, ao mesmo tempo, a confirmación institucional.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...