InicioLugo e contornaLugoDetido un home de 40 anos por ter relacións sexuais cun menor...

Detido un home de 40 anos por ter relacións sexuais cun menor nun coche nun aparcadoiro de Lugo

A Policía destaca que este arrestado por delito de 'grooming' contactou co mozo a través dunha rede social.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron o pasado xoves día 17 de febreiro a un home de 40 anos por un delito de ‘grooming’, acusado de manter actos de carácter sexual cun menor de idade nun vehículo nun aparcadoiro da capital luguesa. Segundo informou a Policía Nacional, o arrestado contactou co mozo a través da rede social Grindr, “embaucándoo ata que conseguiu quedar co menor”.

A investigación iniciouse cando os axentes, no marco dos protocolos de actuación habituais, ao facer un varrido das redes sociais tiveron coñecemento duns feitos podían ser constitutivos de delito.

As mesmas fontes relatan que, no marco dunha operación na cidade de Lugo, un home duns 40 anos de idade, “primeiro intercambiando fotos e finalmente valéndose do embaucamento, conseguiu reunirse co menor”.

O fin era ter un encontro de carácter sexual, que se consumou pola tarde do pasado 14 de febreiro nun aparcadoiro da cidade de Lugo, aseguran as mesmas fontes policiais.

A PRISIÓN

Coa maioría das probas documentais solicitadas polos datos obtidos a través de diferentes fontes, a Policía subliña que “non cabe ningunha dúbida sobre a autoría dos feitos”.

Por iso, procedeuse á identificación do home e o xoves 17 de febreiro foi detido na localidade de Ribadeo. Tras pasar a disposición xudicial o sábado día 19, decretouse o seu ingreso en prisión provisional.

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...