InicioLugo e contornaLugoDetido un menor por romperlle un óso do ollo a outro en...

Detido un menor por romperlle un óso do ollo a outro en Lugo

A Policía Nacional asegura que o agresor foi "acirrado" por uns dos seus acompañantes e que vítima e arrestado non se coñecían

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a un menor de idade por un delito de lesións graves por unha agresión a un mozo en decembro na zona de lecer da Catedral da capital luguesa, no marco da cal a vítima sufriu unha rotura no óso interno da cella que require intervención cirúrxica.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron a madrugada do pasado día 30 de decembro, sobre as 4,00 horas, cando o denunciante se atopaba na rúa cunha amiga, na zona de lecer da Catedral.

Os feitos ocorreron, segundo relata a Policía Nacional, nun momento en que a vítima, que non coñecía nin tivera contacto nunca co agresor, falaba coa moza que o acompañaba no exterior dos locais da zona de lecer da Catedral, cando un grupo de catro rapaces que pasaban por alí “increpan ao denunciante, que lles manifesta que os deixen que están ás súas cousas”, engade.

Nese instante un dos catro mozos “encárase co denunciante” e propínalle dúas puñadas na cara e, unha vez que cae ao chan, “continua golpeándoo, á vez que é acirrado por outro dos integrantes do grupo”, matiza a Policía Nacional.

Unha vez a vítima logrou zafarse do agresor, este abandonou o lugar xunto cos tres acompañantes. A Policía resalta que, como unha das feridas que se produciu á altura da cella “sangraba abundantemente”, foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Unha vez no hospital e tratada nunha primeira intervención as feridas, detallan as mesmas fontes policiais, detectouse que podía estar afectado o óso interno, o cal “necesitará cirurxía maior”, subliña.

AGRESOR E ACOMPAÑANTES

Por todo iso, procedeuse á identificación e localización do autor da agresión, así como a tratar de determinar a posible intervención dos acompañantes na liorta. Unha vez localizado e tomado declaración, explicou a Policía Nacional, determínase que “hai un único autor“, o cal é o menor detido. Pola súa banda, matizan as mesmas fontes, os tres mozos que acompañaban o agresor “non interviñeron“.

Unha vez foi ouvido en declaración o detido, mediante a correspondente exploración en presenza da súa nai e letrada, foi posto en liberdade. De todo o actuado a Policía informou á Fiscalía de Menores.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...