InicioA UlloaCase 5.000 novos contaxios en Galicia, deles 422 na área sanitaria luguesa

Case 5.000 novos contaxios en Galicia, deles 422 na área sanitaria luguesa

Sobe a presión hospitalaria en Lugo, que rexistra once hospitalizados con Covid máis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presión hospitalaria sobe lixeiramente en Galicia ao pasar de 354 hospitalizados pola Covid-19 a 378 (24 máis), mentres que os casos activos seguen en aumento e alcanzan os 59.691, que supoñen 3.235 máis que o día pasado.

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do mércores, o número total de contaxiados elévase a 270.368, 4.869 máis que os da xornada anterior, mentres que a de curados sitúase en 207.921, ao haber 1.620 altas.

A taxa de positividade sobe tamén ata situarse no 24,1%. As persoas ingresadas en UCI descenden en tres, cun total de 53, mentres que os hospitalizados aumentan ata situarse en 325, 27 máis. O número de pacientes a seguimento no seu domicilio sitúase en 59.313 pacientes.

Por áreas sanitarias, son 79 os pacientes ingresados na área sanitaria da Coruña e Cee, 11 en UCI –sen cambios– e 68 noutras unidades — sete máis–. A de Ferrol ten 18 ingresados, un en coidados intensivos –dous menos– e 17 noutras unidades, tres máis.

Pola súa banda, na de Ourense son 65 os ingresados, 58 noutras unidades –nove máis– e sete en UCI –sen cambios; mentres que na área de Vigo son 81 os hospitalizados, 14 en críticos -un menos– e 67 noutras unidades — catro menos–. Na de Pontevedra e O Salnés, son 50, deles sete en UCI — dúas menos– e 43 noutras unidades, dúas máis.

As áreas de Santiago e Barbanza e Lugo están, respectivamente, con 56 –12 máis– e 29 ingresados, once máis. No primeiro caso, son sete en UCI –dúas máis– e 49 noutras unidades, mentres que na de Lugo son seis en coidados intensivos –sen cambios– e 23 noutras unidades.

CASOS ACTIVOS

Os casos activos seguen en aumento con 59.691, que supoñen 3.235 máis o día anterior, ao haber de novo máis contaxios, 4.869, que altas, 1.620, aos que se suman 14 falecementos notificados na xornada do mércores.

Os casos activos increméntanse en todas as áreas sanitarias: na Coruña e Cee, 662 máis; na de Ferrol, 154 máis; na de Lugo, 422; na de Ourense, 615 máis; na de Pontevedra, 311 máis; na de Santiago, 523 máis e na de Vigo, 552 máis.

Os casos activos sitúanse en 11.035 na da Coruña; en 3.801 na de Ferrol; 5.971 na de Lugo; 7.164 na de Ourense, 7.354 na de Pontevedra; 11.090 na de Santiago e en Vigo, a que máis rexistra, en 13.276.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado mércores 5 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días sobe en Galicia a 2.308,24 por 100.000 habitantes.

Desde o inicio da pandemia, Galicia rexistra 270.368 contaxiados, deles 58.126 na área da Coruña e Cee; 16.536 na de Ferrol; 27.983 na de Lugo; 34.544 na de Ourense; 32.488 na de Pontevedra; 40.800 na de Santiago e 59.891 na de Vigo.Mentres, o número de probas PCR realizadas elévase a 3.381.707 e as de antíxenos a 1.194.773.

Na xornada do mércores, as autoridades sanitarias comunicaron a morte doutras 14 persoas diagnosticadas con covid-19 co que Galicia acumula xa un total de 2.800 mortes asociadas á pandemia.

ÚLTIMAS

A Plataforma Ulloa Viva constata en Bruxelas que España non solicitou fondos europeos para a fábrica de Altri

A Plataforma Ulloa Viva concluíu a súa visita a Bruxelas para alertar dos impactos...

A Deputación dotará a 52 concellos de ferramentas tecnolóxicas a través do proxecto Impulsa TIC

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou na Fonsagrada o inicio do...

O BNG promove unha campaña para demandar ao Goberno melloras nas infraestruturas viarias de Lugo

O BNG de Lugo iniciou unha nova campaña para reclamar o arranxo das estradas...

Greenfiber reitera que Altri “non cambiará as condicións do Ulla” e alega que o estudo de Ence “non está actualizado”

Greenfiber, formada pola enerxética Greenalia e a multinacional lusa Altri, reiterou este martes que...