InicioLugo e contornaLugoFalece o concelleiro do PP en Lugo Manuel López

Falece o concelleiro do PP en Lugo Manuel López

Tiña 64 anos e morreu de xeito repentino.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro do PP en Lugo Manuel López faleceu de forma repentina aos 64 anos de idade este venres 24 de decembro, día de Noiteboa. Tras coñecer a noticia, foron varios os responsables políticos que manifestaron o seu pesar pola morte de que foi edil popular desde 2007, entre eles a alcaldesa da cidade, Lara Méndez.

A rexedora empregou o seu perfil de Twitter para transmitir o seu “máis sentido pésame” á familia e aos seus amigos. “Deixounos unha gran persoa, sempre respectuoso e gran traballador polo municipio”, engadiu Méndez.

Tamén a conta do PP local expresou a súa “consternación” pola perda de “Manolo do rural”, como todos coñecíano. “Déixasnos un gran baleiro. O noso único consolo é saber que sempre estarás ao noso lado e ao de todos os veciños do rural. Marcha un gran compañeiro, pero, sobre todo, unha gran persoa”.

Tamén o tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, do BNG, mostrou en Twitter o seu “máis profundo pésame” ao Grupo Popular no Concello e á familia polo “falecemento repentino” dun “compañeiro de corporación”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...