InicioCulturaLugo busca unha maior promoción internacional da muralla

Lugo busca unha maior promoción internacional da muralla

Maite Ferreiro puxo en valor os traballos que se están a facer de face ao exterior da muralla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura do Concello de Lugo e vicepresidenta da Deputación, a nacionalista Maite Ferreiro, anunciou antes do pleno provincial que o Consistorio traballará por unha “maior” promoción internacional da muralla romana da cidade.

Unhas declaracións que realizou no marco do 21 aniversario da declaración de Patrimonio da Humanidade pola Unesco, no ano 2000 e co socialista Xosé López Orozco como alcalde da cidade entón.

Ferreiro destacou que dita declaración supuxo un “impulso moi importante” para a cidade, pondo o acento en “o que se fixo desde o goberno local para dar valor á muralla, con actuacións como a das beirarrúas na zona da porta de Santiago”. “Era unha zona da muralla que non se podía percorrer polo seu exterior”, rememorou.

Ademais, resaltou os traballos que se están executando para “a peonalización da praza da Mosqueira, unha obra que vai cambiar de forma importante a perspectiva desa fermosa zona da muralla”.Pero onde fixo máis fincapé é en “o traballo de face ao exterior da muralla”. “Porque aínda segue sendo moi descoñecida e cremos que é un lugar a visitar, porque a muralla é a única do mundo que está completa da súa época”, defendeu.

E nesta conxuntura, fixo un chamamento, ademais, aos veciños da cidade a participar das distintas actividades organizadas polo goberno local ao pé do monumento con motivo do aniversario.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...