InicioLugo e contornaLugoA Xunta bota as culpas ao Goberno polas protestas dos gandeiros galegos

A Xunta bota as culpas ao Goberno polas protestas dos gandeiros galegos

Desoe as críticas do SLG á súa "inacción" no conflito do leite.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro do Medio Rural, José González, instou ao Goberno central a ser “valente” na aplicación da lei que prohibe vender leite a “perdas”. Fíxoo despois de manter un encontro con gandeiros da asociación Agromuralla na sede da Xunta en Lugo, na que abordaron o baixo prezo que se lles abona aos gandeiros polo leite, e tamén pouco despois de que o SLG apuntara á “inacción” da Xunta como agravante do conflito agrario.

Neste sentido, José González apelou á “valentía” do Ministerio de Agricultura para facer que se cumpra “a regulación da prohibición de venda a perdas”. “E tamén lle pedimos como acreditación dos custos de produción que se poida utilizar a ferramenta informática que deseñou a Xunta precisamente para os gandeiros de vacún de Galicia, que é a Conta Láctea e que imos seguir deseñando para outros sectores”, reivindicou.

O conselleiro asegurou que o Goberno galego “si” se “cre” a prohibición da venda a perdas e “si” se “cre” a necesidade “de poder acreditar eses custos de produción”. Nesta liña, incidiu en que esta reclamación foi defendida a través de “cartas” e “propostas” expostas a través de varias vías ao Executivo estatal, ao que pide “un último esforzo” para “protexer” aos produtores.

NON AOS BOICOTS

En canto ao “boicot” que están a expor as organizacións agrarias a distintas industrias lácteas, José González subliñou que non alentará este tipo de presións, porque entende que a vía debe ser “ir en común” desde a distribución á industria e produtores. “Eu aposto polo entendemento coa distribución, a industria e por suposto cos gandeiros, e o que pedimos é sensibilidade desde o punto de vista do consumidor final. Detrás dun litro de leite hai un traballo extraordinario dos nosos gandeiros que ademais son custodios do territorio”, manifestou.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...