InicioLugo e contornaLugoA acusación popular pide dous anos de prisión por malos tratos habituais...

A acusación popular pide dous anos de prisión por malos tratos habituais para as tías dun menor agredido

Sostén que "o corrixían propinándolle golpes, berros, insultos e castigos cando consideraban que merecía unha reprimenda polo seu mal comportamento".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A acusación popular, que exerce a Fundación Amigos de Galicia, pide dous anos de prisión por malos tratos habituais para as tías dun menor supostamente agredido por estas en novembro de 2017 no municipio de Mondoñedo, así como unha indemnización de máis de 12.000 euros.

Así o informou esta entidade con motivo do xuízo sinalado para este xoves, 11 de novembro, ás 12,30 horas no Xulgado do Penal número 1 de Lugo, no que a acusación popular exércea Fundación Amigos de Galicia a través do letrado Francisco José Lago Calvo.

A defensa da Fundación Amigos de Galicia asegura nas súas conclusións que “nos feitos ocorridos o 21 de novembro de 2017, as acusadas, as tías do menor –que tiña nove anos–, corrixíano propinándolle golpes, berros, insultos e castigos cando estas consideraban que merecía unha reprimenda polo seu presunto mal comportamento”.

Á mañá seguinte, indica a acusación popular, “as acusadas botáronlle crema hidratante para tentar disimular as lesións causadas”, pero “esa actuación foi en balde pois, unha vez no colexio, a súa profesora do centro decatouse das feridas que sufría o menor” e puxo os feitos en coñecemento da Dirección, que chamou á Garda Civil.

Nas conclusións elaboradas polo avogado Francisco José Lago Calvo, asegúrase que se trata, ademais, de “unha conduta que se prolongou no tempo no que o menor conviviu coas acusadas”. Por todo iso, ao ter en conta a “gravidade dos feitos”, Fundación Amigos de Galicia defende que “actúa en favor dos dereitos do menor implicado ao tratarse duns feitos constitutivos dun delito de malos tratos habituais previsto e penado, así como delito de malos tratos domésticos.

PETICIÓNS

Por iso, considera que procede impor ás acusadas polo delito de malos tratos habituais a pena de dous anos de prisión; así como por delito de malos tratos domésticos; e as penas derivadas do mesmo como a prohibición de aproximación e a prohibición de comunicación co menor.

No que respecta á responsabilidade civil, pídese que as acusadas indemnicen ao menor na cantidade de cantidade de 450 euros polos danos físicos ocasionados e 12.000 euros polas secuelas psíquicas causadas, “tendo en conta a continuidade dos malos tratos, o dano causado e a idade do menor”, puntualiza a entidade, “quen o padeceu desde unha idade moi temperá, onde se atopa desenvolvendo aínda a súa personalidade”.

Fundación Amigos de Galicia explica que decidiu personarse nesta causa porque quere “que os dereitos dos nenos e nenas prevalezan”, así como para “esixir o cumprimento das penas das persoas que incorren nos mesmos”. Respecto diso, defende que nos seus estatutos se recolle que “se reservará o dereito a personarse como acusación popular en todos os procedementos xudiciais abertos nos que existan menores desprotexidos”.

Actualmente Fundación Amigos de Galicia atópase personada en oito casos, entre eles no do menor de tres anos asfixiado polo seu tío en outubro de 2020; o dunha nena de Cospeito supostamente asasinada pola súa nai; así como no triplo asasinato de Valga en defensa dos fillos dunha das mulleres asasinadas.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...