InicioLugo e contornaLugoUnha explosión de gas nun edificio sáldase sen feridos, aínda que obrigou...

Unha explosión de gas nun edificio sáldase sen feridos, aínda que obrigou a desaloxar o inmoble

Puido ter a súa orixe na mala combustión dunha caldeira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha explosión de gas que afectou á sala de caldeiras e ás dúas plantas máis baixas dun edificio na Rúa San Froilán, en Lugo, saldouse sen feridos, aínda que obrigou a desaloxar o inmoble. Debido a que o incidente ocasionou un gran estrondo houbo alarma veciñal. Foron mobilizados efectivos da Policía Local, da Policía Nacional, bombeiros e sanitarios do 061.

A falta do informe definitivo que ratifique o ocorrido, fontes consultadas por Europa Press, apuntan que a explosión puido ter na súa orixe a mala combustión dunha caldeira. Outras fontes consultadas por Europa Press concretaron que o edificio afectado ten catro plantas –con danos na sala de caldeiras, así como en nas plantas cero e un–.

Aínda que se realizará unha avaliación do edificio, os danos materiais son leves, houbo rotura de portas e proxección de cristais cara ao exterior, pero non danos persoais nin nos coches da zona. A intervención durou uns 40 minutos.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...