InicioLugo e contornaLugoA Deputación impartirá formación en linguaxe de signos a persoal da institución...

A Deputación impartirá formación en linguaxe de signos a persoal da institución e de concellos

Reclama a prestación dunha atención á cidadanía "máis inclusiva e igualitaria".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo impartirá formación en linguaxe de signos ao persoal dos concellos e da institución provincial, segundo informa.

A deputada de Réxime Interior e Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García, anunciouno no percorrido que organizou a entidade Asorlu este fin de semana pola muralla de Lugo para reclamar unha inclusión real das persoas xordas no ámbito educativo.“Esta formación aumentará as capacidades dos empregados públicos para prestar unha atención á cidadanía máis inclusiva e igualitaria”, explica a institución provincial.

Por outra banda, a Deputación de Lugo alzouse coa Copa España Creativa 2020 nun evento celebrado en Orihuela, o VII Foro de Cidades e Territorios Creativos de España. O xurado seleccionou o proxecto da institución provincial para recuperar, conservar e pór en valor os soutos da Reserva dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...