InicioLugo e contornaLugoDonos de barracas asaltan o consistorio con berros de "queremos traballar"

Donos de barracas asaltan o consistorio con berros de “queremos traballar”

A concelleira de Cultura insiste en que o protocolo da Xunta pola crisos sanitaria "non permite ter recinto feiral en Lugo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de medio centenar de donos de barracas ou feirantes protestaron este luns ao berro de “queremos traballar” e foron desaloxados do Concello de Lugo tras entrar detrás da concelleira de Cultura, a nacionalista Maite Ferreiro.

Na Praza Maior concentráronse parte destes pequenos empresarios, con pitos, o que levou a que saíse á rúa a concelleira Maite Ferreiro para explicarlles os condicionantes para abrir o recinto feiral durante o San Froilán, as festas patronais da cidade de Lugo que terán lugar do 5 ao 12 de outubro.

Unha vez concluídas as súas explicacións, sobre as limitacións que impón a Xunta, unha avalancha dos propietarios de barracas lanzouse detrás da edil ata entrar no Consistorio onde apenas se puido frear a entrada a estas persoas.

Posteriormente, con presenza da Policía Nacional e Policía Local foron desaloxados fóra do edificio institucional, pouco despois das 12,00 horas. Un dos feirantes, Ángel Gutiérrez, apelou a que levan “parados 20 meses”. “A gran maioría non saíu este ano e non nos chega para comer”, sinalou. Máis dun centenar destes traballadores dependen do sector en Lugo, abundou.

“Todos están a traballar e nós non. Agora vén San Froilán, as festas de Lugo que son moi boas festas e ademais moitos dos que estamos aquí non saímos en todo o ano, non fixemos nada e temos que comer como todo o mundo, queremos traballar”, sinalou Gutiérrez.

“ABERTOS A RECIBIR”

A concelleira de Cultura explicou que este acto era evitable dado que “desde esta área (cultura) sempre” estiveron ” abertos a recibir”. “E estaremos abertos a recibir a todo o que o requira“, asegurou.

Finalmente, e tras varias interrupcións, Ferreiro aclarou que eles se aferran ao “protocolo que a Xunta de Galicia establece e que non permite ter recinto feiral en Lugo, tal e como están marcados os protocolos sanitarios” no contexto da crise pola Covid-19 actual.

Dito isto foi increpada, e tras ela e o seu equipo de comunicación entraron os feirantes, que cesaron nas súas ameazas unha vez que chegaron varias patrullas da Policía Nacional e Local.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...