InicioLugo e contornaLugoDetido un mozo por agredir a un axente local e insultar e...

Detido un mozo por agredir a un axente local e insultar e ameazar a varios policías

Acúsaselle dun delito de atentado, resistencia e desobediencia a axentes da autoridade..

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo a un mozo por atentado a axente da autoridade por agredir a un axente local, insultar e ameazar a varios policías na capital luguesa.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 5,10 horas do pasado 16 de setembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local, que realizaba servizo de vixilancia pola Praza da Constitución, foi requirida por un mozo que “aparentemente se atopaba baixo os efectos de sustancias estupefacientes”, polo que observaron que “había un po sobre o seu teléfono móbil”, que portaba na man.

Os axentes procederon a solicitarlle a súa documentación, ao que se negou, e de súpeto propinoulle un “golpe no peito a un dos policías”, destacan as mesmas fontes, e proferiu insultos e “ameazas graves”, engaden.

O individuo foi inmobilizado e trasladado a un centro de saúde para que fose examinado e, a continuación, a dependencias policiais, onde se instruíron dilixencias por un delito de atentado, resistencia e desobediencia a axentes da autoridade.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...