InicioLugo e contornaLugoA morte dun usuario das Gándaras fai baixar os casos en residencias

A morte dun usuario das Gándaras fai baixar os casos en residencias

Hai 63 infectados tras rexistrar tamén dúas altas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos de Covid-19 en residencias de maiores do conxunto de Galicia descenden a 63, tres menos que a xornada anterior, tras negativizar dous infectados e o falecemento dun residente en Lugo. Segundo informou a Consellería de Política Social este xoves, saen da lista por negativizar dous usuarios da residencia García Hermanos de Betanzos. A iso engádese a morte dun home duns 89 anos de idade ingresado no HULA, procedente da Residencia As Gándaras de Lugo.

Deste xeito, a residencia DomusVi Monforte, que conta cun brote, mantense con 59 casos de Covid; hai tres na residencia do Bolo e un na residencia e apartamentos San Vitorio de Baralla. Pola súa banda, os centros de atención a persoas con discapacidade seguen sen casos de Covid, despois de recibir a alta o último usuario afectado a pasada semana.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...