InicioLugo e contornaLugoAmeaza cun coitelo ao inquilino ao que lle alugou unha habitación e...

Ameaza cun coitelo ao inquilino ao que lle alugou unha habitación e róuballe 600 euros

A Policía Nacional detivo ao autor dos feitos, que sucederon no barrio da Milagrosa, en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a un home veciño desta cidade, sen antecedentes, por un delito de coaccións e outro de furto por ameazar cun coitelo a un inquilino que lle alugou unha habitación e subtraerlle uns 600 euros.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos que sucederon a semana pasada no barrio da Milagrosa, en relación ao aluguer dunha vivenda, propiedade do detido, quen alugou unha habitación ao agora denunciante durante dous meses, e a partir do terceiro arrendoulle a vivenda completa. As mesmas fontes puntualizaron que non se realizou ningún tipo de contrato por escrito.

“É no comezo do terceiro mes, agosto, cando o propietario se presenta no inmoble e, tras forzar a porta, ameaza cun coitelo ao inquilino”, relata a Policía, que indica que, nese momento, se produce a intervención dos policías de Radiopatrullas, quen conseguen mediar na situación, xa que o inquilino do inmoble de forma voluntaria, coa devolución do pactado por parte do arrendador, quere marcharse do lugar e non permanecer máis tempo, sinalan as mesmas fontes.

A posteriori, indica a Policía, cando o inquilino que está a recoller os seus aveños para marcharse da vivenda, “nota en falta o seu maletín coa súa documentación, o diñeiro que cobrara por parte do arrendador en concepto de mensualidade e fianza, xunto co seu diñeiro”, destaca a Policía, que indica que o furto supera os 600 euros. 

Por iso, se personou nas dependencias da Policía Nacional para interpor denuncia, que dá lugar á investigación dos feitos, a cal derivou na localización, toma de declaración e detención do autor das coaccións e a imputación, ademais, do delito de furto. Unha vez se lle tomou declaración en comisaría, o arrestado foi posto en liberdade e informouse de todo iso á autoridade xudicial, á que se remitiu todo o actuado.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...