InicioLugo e contornaLugoUn gato só nun piso acende un equipo de música e a...

Un gato só nun piso acende un equipo de música e a Policía Local acode porque os veciños denuncian ruído

A Policía Local de Lugo acudiu destaca que o gato "ten o costume de acender o equipo musical coa pata e mover a roda do volume".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo acudiu a un piso debido á denuncia de veciños de ruído por música alta tras o que comprobou que un gato que estaba só nunha vivenda acendera o equipo de son.

Segundo relatou a Policía Local, durante a madrugada do 25 de xullo veciños dun edificio da Ronda das Fontiñas denunciaron “ruído de música en ton alto que lles imposibilitaba o descanso”.

Os axentes, despois de comprobar que non había ninguén no interior da vivenda, empezaron a realizar investigacións e localizaron pola mañá ao propietario do piso, que se atopaba fóra da cidade.

Ao informarlle das molestias que producía a música en ton alto que proviña do interior manifestou que, posiblemente, destaca a Policía Local, “o que accionou o equipo de música foi o seu gato que quedou na vivenda, xa que ten o costume de acender o equipo musical coa pata e mover a roda do volume“. Por iso, o morador desprazouse de inmediato ata o seu domicilio.

FESTA EN VIVENDA

Por outra banda, ás 00,20 horas do pasado 24 de xullo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo foi enviada a un edificio da Ronda das Fontiñas porque os veciños denunciaron ruídos molestos procedentes dunha vivenda.

Os axentes comprobaron que había unha festa e que a música se escoitaba desde a vía pública, polo que foi identificado o seu responsable, ao que se lle requiriu que cesasen as molestias, o que fixo ao instante. Os axentes realizaron acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Ademais, sobre as 4,55 horas do 25 de xullo unha patrulla acudiu a un inmoble da Avenida da Coruña porque veciños se queixaban dos ruídos dunha vivenda. Os axentes, tras comprobar as molestias, procederon a pedir ao responsable que cesasen. Esta persoa manifestou que non era consciente das molestias, que pararon ao instante. Con todo, foi denunciado por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

AUXILIOS

Por outra banda, o pasado 24 de xullo sobre as 20,30 horas unha patrulla detectou na rúa Cornubia a un home de 67 anos tirado na rúa, como consecuencia dunha caída casual, polo que foi atendido pola dotación sanitaria dunha ambulancia do 061.

Así mesmo, sobre as 11,15 horas do 25 de xullo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acudiu a un edificio da rúa Rei Chiquito, porque supostamente nunha vivenda había unha persoa de idade avanzada que non respondía as chamadas.

Por iso, os axentes requiriron a presenza dunha dotación de bombeiros e, ao acceder ao interior do piso, atoparon tirada no chan da cociña a unha muller de 87 anos, consciente, pero incapaz de levantarse e quen manifestou que non lembraba que sucedera. Foi atendida por unha dotación sanitaria dunha ambulancia do 061 e trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...