InicioCulturaSeis concellos lucenses e máis de corenta actuacións escénicas para desfrutar do...

Seis concellos lucenses e máis de corenta actuacións escénicas para desfrutar do sector cultural galego

Un total de 35 compañías levarán os seus espectáculos no segundo semestre do ano a Lugo, Ribadeo, Burela, Monforte de Lemos, Foz e Viveiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) ofrece para o segundo semestre de 2021 un total de 46 actuacións escénicas de 35 compañías en seis municipios lucenses. A programación, cofinanciada pola Xunta de Galicia, mobiliza unha inversión en contratacións de máis de 146.000 euros. Na provincia están adheridos a este circuíto de distribución de espectáculos promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade os concellos de Lugo, Ribadeo, Burela, Monforte de Lemos, Foz e Viveiro.

Ao longo do primeiro semestre programáronse outros 55 espectáculos nestes municipios. Pese a que as restricións sanitarias obrigaron a adiar numerosas citas en toda Galicia, a gran maioría foron reprogramadas dentro do mesmo período e outras foron trasladadas para este segundo tramo.

Ao respecto, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou a importancia desta iniciativa “que axudou a manter a actividade cultural mesmo nos meses máis complexos, para beneficio do sector e, sobre todo, dos cidadáns que a puideron disfrutar de forma segura”.

CARTELEIRA

A práctica totalidade dos colectivos artísticos contratados proceden de Galicia e, por xéneros, o teatro familiar e para adultos é o que rexistra maior presenza, aínda que tamén se ofertan música, danza, novo circo e maxia.

A Sala Bahía de Foz abre o 16 de xullo a programación do segundo semestre con Galitoon e o espectáculo The show moscón. Esta sala acollerá 16 espectáculos ata decembro. O auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo programa 13 actuacións dentro do circuíto.

No Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo prográmanse catro espectáculos, outros tantos no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos, tres na Casa da Cultura de Burela e seis no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, que pechará a programación o 28 de decembro coa actuación do Mago Rafa.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...