InicioLugo e contornaLugoAuxilian a un nonaxenario tras pedir axuda dende o balcón unha muller...

Auxilian a un nonaxenario tras pedir axuda dende o balcón unha muller maior

O home sufrira un mareo e perdera o equilibrio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Bombeiros e axentes da Policía Local de Lugo entraron nunha vivenda para auxiliar a un home de 90 anos despois de pedir axuda desde o balcón do domicilio unha muller maior que non podía abrir a porta.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 17,00 horas do pasado 3 de xullo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiu a un edificio da Avenida de Ramón Ferreiro porque no balcón dunha vivenda había unha persoa que pedía axuda.

Ao chegar os axentes observaron a unha muller de avanzada idade de pé no balcón e tirado no chan un home. Ao non poder abrir ela a porta da vivenda, requiriuse a presenza dunha dotación de bombeiros, ademais dunha ambulancia do 061.

Ao acceder ao interior do piso, os axentes comprobaron que o home de 90 anos sufrira un mareo e perdeu o equilibrio, polo que non era capaz de incorporarse.

A dotación sanitaria, pola súa banda, atendeu a esta persoa e os axentes localizaron a unha familiar, que se fixo cargo destas persoas.

OCTOXENARIO DESORIENTADO

Por outra banda, sobre as 00,25 horas do 3 de xullo unha dotación do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo localizou na estrada N-V, nas inmediacións da Ponte branca, a un home de 82 anos que “deambulaba e corría risco de ser atropelado”, destacaron as mesmas fontes municipais.

A patrulla constatou que a familia desta persoa buscábaa desde as 19,00 horas porque sofre unha enfermidade dexenerativa, polo que foi trasladado nun vehículo policial ata o seu domicilio, onde foi recollido polos seus familiares.

Así mesmo, efectivos de emerxencias accederon a outra vivenda por unha xanela para auxiliar a unha muller maior que estaba tirada no chan dunha habitación.

En concreto, sobre as 9,00 horas do 3 de xullo unha patrulla foi enviada a un edificio da rúa Pomba porque unha persoa avisou que facía dúas horas escoitara a unha veciña, que vive soa, queixarse e pedir axuda.

Os axentes solicitaron a presenza dunha dotación de bombeiros e dunha ambulancia do 061. Os efectivos procederon a entrar na vivenda a través dunha das xanelas da galería que estaba aberta e no interior viron a unha muller de 67 anos tirada no chan dunha das habitacións, polo que foi asistida polos sanitarios. A afectada informou de que se caeu e tiña dor no ombreiro e brazo dereito. Foi evacuada ao HULA.

CADEIRA DE RODAS

Así mesmo, axentes auxiliaron nun edificio da rúa Tres Marías a unha persoa en cadeira de rodas que necesitaba axuda para acceder ao seu domicilio. A Policía Local explicou que, “debido ao peso da persoa e a estreiteza das escaleiras”, entre a patrulla e unha dotación bombeiros, puideron subila á súa habitación, onde quedou en compañía dun familiar.

Tamén sobre as 22,15 horas do 3 de xullo unha patrulla acudiu a un edificio da Rolda de Fingoi porque unha persoa se caeu na súa vivenda e non era capaz de levantarse. Axentes comprobaron que unha muller de 87 anos estaba no chan do salón e ao seu lado o seu marido, tamén de idade avanzada, que non era capaz de incorporala.

Por iso, os policías procederon a auxiliar a esta persoa, á que colocaron nunha cadeira de rodas e a trasladaron ata a súa cama, onde a deitaron. A muller rexeitou asistencia médica, aseguran as mesmas fontes, porque manifestou que se atopaba en “bo estado”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...