InicioLugo e contornaLugoO Goberno investirá medio millón de euros na glorieta da N-V con...

O Goberno investirá medio millón de euros na glorieta da N-V con Alfonso X O Sabio, en Lugo

A obra aliviará os problemas de tráfico da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez Torrón, participou xunto á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Deputación Provincial, José Tomé, no acto de firma do convenio de transmisión dos terreos necesarios para a execución da nova glorieta entre a estrada N-6 e a rúa Alfonso X en Lugo, á que o Goberno destinará medio millón de euros.

A firma levouse a cabo no salón de plenos do Concello lucense, coa presenza tamén do delegado do goberno en Galicia entre outros. En concreto, o Concello de Lugo cede case 500 metros cadrados e a Deputación 371 metros cadrados. Unha actuación que, segundo indicaron, vén de 2011 e que quedaba no “esquecemento” ata que se volvía a retomar no ano 2018 por parte do actual Goberno de Pedro Sánchez.

Vázquez Torrón asegurou que “xa non hai desculpa” para acometer estes traballos, “agora temos os terreos e o proxecto e poderase facer unha licitación inminente”, comprometeu. Ao non ser unha obra de moita “envergadura”, o secretario xeral de Infraestruturas calcula que os traballos “se poden iniciar a finais de ano ou o próximo ano, pero está encarrilada”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Lara Méndez, destacou que esa obra vai significar “aliviar o tráfico no Nacional V e sobre todo facer diso unha vía segura que é outro dos obxectivos que nos marcamos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...