InicioLugo e contornaLugoDenuncian derivacións a Lugo de pacientes da Mariña con mamografías "dubidosas ou...

Denuncian derivacións a Lugo de pacientes da Mariña con mamografías “dubidosas ou sospeitosas”

A plataforma sanitaria "Salvemos o Hospital da Costa" denuncia " "outra agresión máis á sanidade pública da comarca e ás mulleres mariñás".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma sanitaria ‘Salvemos o Hospital da Costa‘ denunciou que “un gran número” de mulleres da comarca da Mariña están a ser derivadas ao Hospital Lucus Augusti (HULA) da capital luguesa para a realización de probas complementarias como ecografías cando as mamografías do cribado de cancro de mama “resultan dubidosas ou sospeitosas”.

Nun comunicado, a plataforma asegura que, ata o momento, este tipo de probas complementarias se realizaban no Hospital da Mariña, polo que consideran o feito de que se derive a pacientes a Lugo “outra agresión máis á sanidade pública da comarca e ás mulleres mariñás“.

A coodinadora do colectivo, Montse Porteiro, sostén que o servizo de radioloxía do hospital comarcal de Mariña “leva moito tempo a medio gas” xa que, di, están pendentes de cobertura dúas prazas de radioloxía.

Porteiro relaciona esta situación, á que engade o “traslado de facto doutra facultativa”, coa “nefasta decisión de trasladar ao HULA a realización destas probas complementarias, que multiplican o grao de sufrimento e medo das mulleres que necesitan confirmar se padecen un cancro ou non”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...