InicioLugo e contornaLugo"Petos solidarios" e paseos científicos para colaborar na investigación de enfermidades raras

“Petos solidarios” e paseos científicos para colaborar na investigación de enfermidades raras

O proxecto "Pelayo e o peixe cebra axudan na investigación das enfermidades raras" está liderado pola catedrática de Xenética Laura Sánchez Piñón .

PUBLICADA O

Por
- Advertisement -

O equipo de investigadores da USC liderado desde o Campus de Lugo pola catedrática de Xenética Laura Sánchez Piñón que impulsa novas liñas de estudo en peixe cebra sobre as causas que orixinan os defectos conxénitos de glicosilación (CDG) a través do proxecto ‘Pelayo e o peixe cebra axudan na investigación das enfermidades raras’. Esas novas liñas ofrecen agora á sociedade luguesa a posibilidade de colaborar neste programa de I+D+i a través das huchas xa repartidas en farmacias e demais establecementos comerciais da cidade, así como coa súa presenza na ruta científica polo barrio do Carme programada con Guido Guía o vindeiro 18 de xuño.

As novas iniciativas promovidas por este equipo, no que ademais do grupo ZebraBioRes de Sánchez Piñón, tamén participa de xeito activo o grupo de Anatomía Patolóxica Veterinaria (Gapavet), un equipo de anatomopatólogos veterinarios especialistas en enfermidades de peixes, dirixido por Maribel Quiroga e integrado, entre outros, por Ana Quenlle, Nerea Gandoy, Sandra Maceiras, Mónica Otero, Roberto Bermúdez, Ana Losada e Ana Manuela de Azevedo, pretenden reforzar a campaña de captación de fondos lanzada a mediados de abril a través da plataforma de crowdfunding Precipita.es, da Federación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), e que xa suma máis de 18.600 euros.

A posibilidade de realizar doazóns para este proxecto a través da web continuará aberta ata mediados de xullo, segundo indica a profesora da Facultade de Veterinaria Maribel Quiroga Berdeal, que ve as novas actuacións emprendidas como unha forma de sensibilizar á sociedade luguesa sobre a importancia da ciencia, ademais de “brindarlles a oportunidade de ser partícipes de proxectos de I+D+i desenvolvidos desde o propio Campus de Lugo da USC”.

O equipo da USC responsable deste novo proxecto de I+D+i salientou a solidariedade coa que a cidadanía está a responder ao proxecto inspirado en Pelayo e que xa se atopa entre os programas de crowdfunding lanzados a través da plataforma da FECYT que acadou máis financiamento. Aínda así e dada a necesidade de sumar máis fondos para poder desenvolver a investigación, os investigadores convidan á cidadanía luguesa a  continuar coas doazóns nas huchas específicas que poden atopar en farmacias, establecementos hostaleiros,e en comercios da cidade.

Alén desta campaña, as profesoras da USC na Facultade de Veterinaria Laura Sánchez Piñón e Maribel Quiroga Berdeal acompañarán o vindeiro 18 de xuño a todas as persoas que se inscriban para tomar roteiro científico que conducirá Guido Guía polo barrio lugués do Carme. Este roteiro permitirá aos participantes gozar da paisaxe desta área da capital luguesa, ademais de para coñecer algunhas das posibilidades que ofrece o emprego de modelos animais, tal e como é o caso do  peixe cebra, na investigación

+ posts

ÚLTIMAS

Opinión: O Dereito Internacional fronte á situación en Venezuela

O Dereito Internacional como ferramenta de Paz O mundo vira xa dúas Guerras Mundiais con...

Cae unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo tras días de choivas intensas e este luns comezará a reparación

Unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo, situado na rúa do Moucho...

Carmela López destaca o labor do Museo Comarcal da Fonsagrada, recoñecido co Butelo de Ouro

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este domingo xunto ao Alcalde...

Entrega Premios Empresarias de Galicia 2026 a cinco empresarias

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este venres en Santiago de...