InicioSociedadeSeguen en aumento os casos e pacientes covid en Lugo

Seguen en aumento os casos e pacientes covid en Lugo

Hai un paciente máis na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 superan por primeira vez esta semana o centenar, tras rexistrarse 106, mentres que os casos activos seguen en descenso por duodécimo día seguido e sitúanse en 2.156. Mentres, os pacientes ingresados descenden lixeiramente a 107, catro menos.

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, descenden a 20 as persoas ingresadas en UCI en Galicia, unha menos e a 87 as que permanecen noutras unidades, tres menos.

Por áreas sanitarias, na de Lugo quedan dous en críticos –un máis– e redúcense a 10 os hospitalizados noutras unidades –un menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

As infeccións activas descenden en todas as áreas sanitarias, menos en Ourense, que se mantén igual, e en Ferrol (11+) e en Lugo (1+). Deste xeito, en Lugo quedan con 269. Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 en Galicia rompen a tendencia dos últimos días de situarse por baixo do centenar e alcanzan a cifra de 106, tras unha xornada do mércores con 82 e iniciar a semana con 76. Na área de Lugo confirmáronse 12.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...