InicioLugo e contornaLugoRenovan con 25.000 exemplares as flores de tempada dos xardíns públicos

Renovan con 25.000 exemplares as flores de tempada dos xardíns públicos

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, destaca que na actuación investiron 24.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A campaña anual de renovación das flores de tempada nos xardíns de Lugo este ano se reforza con 25.000 exemplares. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, supervisou as actuacións.

A rexedora destacou a relevancia da actuación, “ co obxectivo de que a veciñanza de Lugo, así como turistas e visitantes atopen coloridos e orixinais tapices florais nas xardineiras e nas áreas reservadas á vexetación”.

Neste sentido, destacou que “son fundamentais estas actuacións no modelo de cidade polo que estamos a apostar, baseado na sustentabilidade, máis amable e próximo ás persoas, para que poidan gozar das contornas naturais e da súa gran riqueza visual á par que patrimonial”.

Miguel Fernández informou que “neste redeseño, no que investimos 24.000 euros, aplicaremos un tratamento integral para que as plantacións se produzan nas mellores condicións”.

Os reforzos florais desenvolveranse nos espazos da Avenida das Américas, Fonte dos Ranchos, Praza da Constitución, Praza do Ferrol, Garabolos, Praza Maior, Ronda da Muralla xunto a Porta de San Fernando, Parque Rosalía, Santo Domingo, Montevideo, Castelao, Bispo Aguirre, Bispo Odoario e nas xardineiras instaladas en distintas partes da cidade. Entre as especies que se distribuirán destacan a begonia, coleus, gazania, impatiens, surfinia, petunia, salvia, tagete, osteospermum e calibrachoa, entre outras.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...