InicioLugo e contornaAs farmacias de Lugo súmanse ás PCRs de saliva gratuítas

As farmacias de Lugo súmanse ás PCRs de saliva gratuítas

Poderán realizalas todas aquelas persoas de entre 12 e 64 anos que conten con tarxeta sanitaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Chegan as PCR de farmacia á provincia de Lugo. Máis do 80% dos establecementos da área sanitaria –151, en total– comezan este luns 24 de maio a realizar probas PCR tralo do convenio acordado pola Consellería de Sanidade, o Sergas e o Colexio de Farmacéuticos de Lugo.

O plan pretende diagnosticar persoas de entre 12 e 64 anos que, de forma gratuíta, poden pedir unha proba PCR de saliva. Para tal fin deben facilitar a súa tarxeta sanitaria nas oficinas de farmacia, onde poderán recibir o kit para recoller eles mesmos a mostra que, posteriormente, será enviada ao Laboratorio de Microbioloxía de Vigo.

O resultado é comunicado por SMS en pouco tempo. No caso de ser positivo, o paciente deberá someterse a unha PCR para contrastar a diagnose. Estas probas están ter en todas as farmacias da provincia que se sumaron a esta iniciativa,  151 de 186, o 80%. O prazo para que novos centros se adscriban á rede segue aberto.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...