InicioSociedadeSoben os casos activos (176) e os novos positivos (14) na área...

Soben os casos activos (176) e os novos positivos (14) na área lucense

Once persoas permanecen hospitalizadas, das cales tres están a ser atendidas na Uci

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este xoves 15 de abril 176 casos activos de coronavirus, 7 máis ca na xornada anteriorNas últimas 24 horas diagnosticáronse 14 casos positivos.

A xerencia da área sanitaria confirmou a existencia dun gromo cuns 15 positivos arredor dun grupo de mozos estudantes. Sanidade xa está rastrexando contactos e realizando cribados para evitar a transmisión da cadea do virus.

Ademais, o Sergas refire unha hospitalización máis. En total, hai 11 persoas ingresadas: 8 en planta (6 no Hula, 2 na Mariña) e 3 na Uci.

Dende o inicio da pandemia faleceron 212 persoas na provincia, curáronse 11.821 e realizáronse 214.043 probas PCR.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...