InicioPolíticaEstrea de Carballo como xefe territorial de Presidencia en Lugo

Estrea de Carballo como xefe territorial de Presidencia en Lugo

O ata o de agora subdelegado do Goberno en Lugo obtivo da Xunta outra praza coa que garantir a súa visibilidade mediática

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sen anuncio oficial pero sen renunciar a ser candidato á alcaldía de Lugo. O presidente local do Partido Popular, Ramón Carballo, dubidaba se encabezar a lista dos populares cando chegou a moción de censura. O cambio de inquilino na Moncloa deveu na súa substitución coma subdelegado do Goberno na provincia, restándolle unha visibilidade crucial de cara a uns eventuais comicios como cabeza de cartel. Ata que o partido moveu peza por el.

A renuncia de José Manuel Rozas coma xefe territorial da Consellería de Presidencia en Lugo abriu a porta a Ramón Carballo, que semellaba que tería que retornar ao seu posto de funcionario dos servizos veterinarios en Sanidade. O presidente dos populares lucenses aínda cavila sobre presentarse ás municipais de número un, mais deste xeito conserva abertas as súas opcións. De feito, hai meses que un comité de expertos comezou a elaborar o programa electoral.

Mentres o Partido Popular repasa os seus candidatables para a capital lucense, Carballo participou esta mañá no Círculo das Artes na presentación da novena edición do Festival Internacional TangoLiber, que se desenvolverá en Lugo do 19 ao 22 de xullo.

O flamante novo xefe territorial aproveitou a ocasión para felicitar á asociación organizadora deste encontro, patrocinado pola Xunta, e que suporá unha oportunidade para os afeccionados ao tango de todo de coñecer a localidade. Amais, subliñou o carácter participativo do programa, que inclúe actividades abertas ao público en xeral e gratuítas.

+ posts

ÚLTIMAS

A xuíza amplía a investigación a José Tomé e cita 5 mulleres vinculadas ao PSdeG

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte de Lemos e expresidente da...

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...